Saltar ao contido

Une saison en enfer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Une saison en enfer
Cuberta da primeira edición de 1873
Título orixinalUne saison en enfer
Autor/aArthur Rimbaud
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)Poema e poema en prosa
EditorialAlliance typographique
Data de pub.1873
Páxinas53
editar datos en Wikidata ]

Une saison en enfer é un longo poema en prosa escrito arredor do ano 1873 polo poeta francés Arthur Rimbaud. É a única obra publicada por Rimbaud persoalmente, xa que, de feito, a escribiu para si. Recorreu a un impresor inglés para que lle publicase cen copias, das cales repartiu unhas seis entre os seus amigos e o resto foron deixadas no soto da editorial. O resto da edición foi atopada a comezos do século XX por un crítico francés.