Unha manchea de contos
Unha manchea de contos Una mà de contes | |
---|---|
Creado por | Manuel Barrios |
Dirixido por | Manuel Barrios |
País de orixe | ![]() |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Laia Gimó |
Duración | 7 minutos por episodio aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TV3 |
Na rede | |
https://www.ccma.cat/tv3/sx3/una-ma-de-contes/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unha manchea de contos (Una mà de contes, título orixinal en catalán) é un programa da televisión pública catalá que conta tamén cunha versión radiofónica. Na Galiza foi emitido pola TVG dentro do contedor infantil/xuvenil Xabarín Club. O 2 de febreiro do 2009 comezou a se emitir na G2.
O programa
[editar | editar a fonte]Nunha manchea de contos unha voz en "off" explica un conto namentres se ve como se ilustra con técnicas pictóricas diversas: acuarela, debuxo, colaxe... O proceso móstrase en plan curto, de maneira que só se ve a ilustración e as mans do artista plástico; de aquí o nome de "Unha man de contos" e das agrupacións de cinco en cinco, como dedos da man.
En principio faranse contos clásicos, e a intención, co tempo, é crear unha antoloxía de contos populares en catalán que sexa de referencia para as familias catalás. A duración de cada conto é, aproximadamente, de 7 minutos.
Este espazo non incorpora ningunha técnica de animación. Pretende fundamentar o seu interese na fascinación que pode provocar nos nenos o feito de veren o proceso de elaboración das ilustracións. Por outra banda, pode resultar especialmente estimulante para nenos e nenas con intereses dirixidos á expresión plástica e artística.
Autores
[editar | editar a fonte]Tódolos debuxantes teñen experiencia no mundo da ilustración, inda que os seus nomes non son especialmente coñecidos. A banda sonora de cada un dos contos tamén está composta orixinalmente por un músico. As locucións en "off" van a cargo de voces con experiencia recoñecida no medio.