Unió Deportiva Atlètica Gramenet
Gramenet | |||
---|---|---|---|
Nome | Unió Deportiva Atlètica Gramenet Milan | ||
Alcume(s) | La Grama | ||
Fundación | 1923 | ||
Estadio | Nou Camp Municipal de Santa Coloma, Santa Coloma de Gramenet, Cataluña, España | ||
Inauguración | 1994 | ||
Capacidade | 5.000 | ||
Presidente | Rafael Osuna | ||
Adestrador | Toni Díaz | ||
Liga | 3ª – Grupo 5 | ||
2012–13 | 9º | ||
Na rede | |||
http://www.udagramenet.cat/ | |||
| |||
A Unió Deportiva Atlètica Gramenet é un club de fútbol de España, da cidade de Santa Coloma de Gramenet, en Barcelona. Foi fundado en 1923 e actualmente xoga na Terceira División Española, logo de descender en 2011.
Historia
[editar | editar a fonte]A fundación da Unión Deportiva Atlètica Gramenet remóntase a principios dos anos 20, como continuador histórico do FC Gramenet e a Unión Deportiva Colomense.
No campo de Santa Coloma, situado diante da Igrexa vella do pobo, foi onde xogou o FC Gramenet ata a súa desaparición, entre 1928 e 1929.
O FC Gramenet rexistrouse na Federación Catalá en 1924, e a súa equipaxe nesa primeira época era camiseta a raias verticais amarelas e azuis e pantalón azul.
En 1929, despois de que o FC Gramenet desaparecese polas débedas que arrastraba, algúns membros da última xunta fundaron a Unión Deportiva Colomense, que se mantería ata o ano 1942, data na que desapareceu sen que se coñezan os motivos. A primeira xunta da UC Colomense, presidida por Miguel Badosa, alugou os terreos de viñedos onde os socios e afeccionados construíron o Campo do Fondo, que foi a sede deste equipo e do seu sucesor, a Unió Deportiva Atlètica Gramenet ata 1994.
A Unión Deportiva Colomense superou a guerra civil, pero non o novo réxime. Sabemos que se mantivo ata o ano 1942 porque ata aquel ano recibiu anualmente unha subvención para pagar o torneo de verán. No ano 1943, a Fronte de Mocidades -por orde ratificada no Pleno Municipal- incautou o campo para prácticas militares e para que xogase o seu equipo.
Tres anos máis tarde, en 1945, con Pere Casajust como presidente se crea a Unión Deportiva Atlético Gramenet, Unión Deportiva polo Colomense, Atlético polo Baleares e Gramenet polo FC Gramenet. 22 presidentes tivo o club. Algúns duraron escasas semanas, outros moitos anos, un en tres oportunidades diferentes da historia da entidade.
En 1994 inaugurouse o actual Nou Camp Municipal de Santa Coloma, a beiras do río Besòs, onde antes se atopaban os campos da UD Obreros, fusionada coa UDA Gramenet no ano 1995 e o CD Arrabal.
Aproveitando a marcha ao novo campo, a Gramenet anexionouse o CD Milan, que se converteu na Gramenet B. Na Copa do Rei 2004-05 eliminou o Futbol Club Barcelona por 1-0 chegando a cuartos de final tras eliminar a Barça, Levante, Lleida e sendo eliminado polo Betis aínda que con apuros 2-2 na ida e 4-3 na volta.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Nou Camp Municipal de Santa Coloma, inaugurado en 1994, con capacidade para 5.000 persoas.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 18
- Tempadas en 3ª: 19 (Incluída a 2012/13)
- Mellor posto na liga: 1º en Segunda B (tempadas 1993-94 e 2000-01)
- Peor posto na liga: 16º en Segunda B (tempada 2004-05)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Segunda División B de España (2): 1993-94, 2000-01
- Terceira División de España (1): 1991-92
- Subcampión da Terceira División (1): 1992-93