Unidades de viscosidade
Para as dúas clases de viscosidade, a viscosidade dinámica e a viscosidade cinemática, úsanse cadansúa unidade.
Viscosidade dinámica, ou absoluta
[editar | editar a fonte]No Sistema Internacional de Unidades (SI), a unidade física de viscosidade dinámica é o pascal-segundo (Pa·s), que corresponde exactamente a 1 N·s/m² ou 1 kg/(m·s).
A unidade Sistema CGS para a viscosidade dinámica é o poise (1 poise (P) ≡ 1g·(s·cm)−1 ≡ 1 dina·s·cm−2 ≡ 0,1 Pa·s), cuxo nome homenaxea ao fisiólogo francés Jean Léonard Marie Poiseuille (1799-1869).
Adóitase usar máis un submúltiplo, o centipoise (cP). O centipoise úsase máis debido a que a auga ten unha viscosidade de 1,0020 cP a 20 °C.
No Sistema imperial (Sistema anglosaxón de unidades), o Reyn foi nomeado sn honor de Osborne Reynolds:
O poiseuille
[editar | editar a fonte]En Francia intentouse establecer a unidade poiseuille (Pl) como nome para o Pa·s, sen éxito internacional.
Nota: non se debe confundir o poiseuille co poise, chamado así pola mesma persoa.
Viscosidade cinemática
[editar | editar a fonte]A viscosidade cinemática obtense como cociente entre a viscosidade dinámica (ou absoluta) e a densidade. A unidade no SI é o (m²/s).
A unidade física da viscosidad cinemática no Sistema CGS é o stoke (abreviado S ou St), cuxo nome provén do físico irlandés George Gabriel Stokes (1819-1903). Ás veces exprésase en termos de centistokes (cS ou cSt).
- 1 stoke = 100 centistokes = 1 cm²/s = 0,0001 m²/s
- 1 cSt = 10-6 m2/s.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Biomedical Engineering: Bridging Medicine and Technology, páx. 722, en Google books.
- ↑ Mecánica de fluidos, páx. 45, en Google libros.
- ↑ Manuale delle macchine utensili páx. 41, en Google libros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lenntech.com (conversor de unidades).
- Widman.biz (graficador de viscosidades).
- Widman.biz (conversión entre cSt, SUS, Redwood e Engler).