Saltar ao contido

Universidade de Nantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Nantes
Datos xerais
FundadorFrancisco II da Bretaña; refundación en 1961
Datos actuais
Alumnosmáis de 35000
Datos de contacto
Facebook: univnantes Twitter: UnivNantes Instagram: nantesuniv LinkedIn: universite-de-nantes Youtube: UCNrMroWIXHBtuPOFwFBk65A BNE: XX145302 Dialnet: 2909837 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Nantes é unha universidade pública situada na cidade de Nantes, na Bretaña /Países do Loira, Francia. Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.

Foi fundada o 4 de abril de 1460, cando Francisco II da Bretaña suxeriu a creación da Universidade da Bretaña, pero foi reestruturada en 1961 de acordo coa nova lei de Educación.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Os cursos impártense nas seguintes áreas: Dereito, Economía, Artes, Idiomas, Ciencia, Tecnoloxía, Saúde e Ciencias Sociais. [1] [2]

Ademais dos diversos campus espallados pola cidade de Nantes, hai dous campus (campi) satélites situados en Saint-Nazaire e La Roche-sur-Yon.

A universidade conta actualmente con máis de 35.000 estudantes e máis dun 10% son estudantes internacionais de 110 países diferentes. Na universidade de Nantes estudaron alumnos célebres como a aviadora Jacqueline Auriol, os escritores Jean Rouaud ou François Bégaudeau, os políticos Jean-Marc Ayrault ou Tertius Zongo (Primeiro ministro de Burkina Faso) e deportistas como Julien Bontemps ou Marina Jaunatre.

  1. Histoire de l'Université de Nantes, 1460 - 1993 (en francés). Rennes: Presses Univ. de Rennes [u.a.] 2002. p. 20. ISBN 2868477259. 
  2. "Universidad de Nantes (Francia) - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2022-07-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]