Saltar ao contido

Unwound

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unwound
OrixeTumwater/Olympia, Washington,
Período1991 - 2002
2022 - presente
Xénero(s)post-hardcore, noise rock, indie rock, math rock, post-rock
Selo(s) discográfico(s)Kill Rock Stars, Gravity, Troubleman Unlimited, Punk In My Vitamins?/Honeybear, Matador Records, Rebel Beat Factory
MembrosJustin Trosper
Vern Rumsey
Sara Lund
Brandt Sandeno
David Scott Stone
Artistas relacionadosNocturnal Habits, Household Gods, Replikants, Long Hind Legs, The Young Ginns, Red Rumsey, Worst Case Scenario, The Corin Tucker Band, Giant Henry, Hungry Ghost, Flora v. Fauna, Survival Knife
Na rede
unwoundarchive.com
Facebook: Unwound-63079369080 Twitter: therealunwound Spotify: 4YjpqCSDD7zwMQgPYJMqb0 Musicbrainz: 9434776a-bdd7-4f58-b719-b5d95b9d2a11 Songkick: 106433 Discogs: 65880 Allmusic: mn0000188190 Deezer: 2863 Genius: Unwound Editar o valor em Wikidata

Unwound é unha banda de post-hardcore estadounidense fundada en Tumwater/Olympia, Washington. Formada en 1991, o grupo está composto no presente por Justin Trosper (voces, guitarra), Jared Warren (baixo), Sara Lund (batería), e Scott Seckington (guitarra).

Fundada orixinalmente por Trosper, o baixista Vern Rumsey e o batería Brandt Sandeno co nome "Giant Henry", Sandeno foi substituído en 1992 por Lund que tocou no seu álbum de estrea en 1993. Baseado en Olympia durante a década de 1990, o trío formado por Lund, Trosper e Rumsey gravou sete álbums, ademais de numerosos sinxelos, e xirou sen descanso ata a disolución da banda en 2002.

Moitas veces clasificado como noise rock ademais de post-hardcore, Unwound toca un estilo marcadamente disonante e angular que fai uso de tons de guitarra pouco comúns, e chamou a atención local polas súas incansables xiras, preferindo clubs para todas as idades e destacou pola súa forte ética DIY. O grupo estivo fortemente asociado ao selo Kill Rock Stars ao longo dos anos 90, co álbum de estrea da banda, Fake Train (1993), sendo o primeiro lanzamento do selo que non era de spoken word. Unwound medrou co lanzamento do quinto e sexto álbums de estudo da banda, Repetition (1996) e Challenge for a Civilized Society (1998), que experimentaban máis aló do noise rock. O sétimo álbum autoproducido de Unwound, Leaves Turn Inside You (2001), foi o único álbum dobre da banda, e viu como a banda mudaba estilisticamente ao territorio post-rock e vangardista; foi aclamado pola crítica e máis tarde apareceu en varias listas dos mellores álbums da década de 2000.[1][2]

Tras unha desastrosa xira polos Estados Unidos para promocionar Leaves Turn Inside You, Unwound anunciou a súa disolución en 2002 citando as diferenzas xeográficas dos membros da banda e o empeoramento do alcoholismo de Vern Rumsey, causado polo estrés das xiras.[3] Durante a década de 2010 plans para unha reunión plantexáronse e rexeitáronse repetidamente debido aos problemas de saúde de Rumsey, e finalmente nunca ocorreron antes da súa morte en agosto de 2020. En xullo de 2022, Trosper e Lund reformaron Unwound para unha xira en 2023 en memoria de Rumsey, con Jared Warren no baixo e Scott Seckington na guitarra.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Unwound 1991 autoeditado
Fake Train 1993 Kill Rock Stars
New Plastic Ideas 1994 Kill Rock Stars
The Future of What 1995 Kill Rock Stars
Unwound 1995 Punk In My Vitamins?, Honey Bear
Repetition 1996 Kill Rock Stars
Challenge for a Civilized Society 1998 Kill Rock Stars
Leaves Turn Inside You 2001 Kill Rock Stars

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "The Top 100 Albums of 2000-04". Pitchfork (en inglés). 2005-02-07. Consultado o 2024-06-15. 
  2. "Sputnikmusic - Top 100 Albums of the Decade (100 -76) « Staff Blog" (en inglés). Consultado o 2024-06-15. 
  3. Corcoran, Nina (2022-09-12). "The Unwound Reunion Still Feels Like a Dream". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-06-15. 
  4. Aubrey, Elizabeth (2022-07-13). "Unwound reunite after 20 years and announce series of live shows". NME (en inglés). Consultado o 2024-06-15.