Urbano Losada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1902 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 14 de xullo de 1974 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Urbano Losada Martínez, nado na Coruña o 13 de xuño de 1902 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 1974, foi un médico galego, pioneiro no uso da lingua galega na ciencia.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1928 licenciouse en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en xinecoloxía e exerceu na súa cidade natal, colaborou coa beneficencia municipal e foi tamén inspector de sanidade. Membro numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia dende 1963 o seu discurso Divagando en torno a la Medicina: Una lectura publicouse na revista Galicia Clínica.
Participou nas Irmandades da Fala e no Seminario de Estudos Galegos e colaborou en A Nosa Terra, El Momento e Nós. Leu o seu discurso de ingreso na sección de bioloxía do SEG o 6 de marzo de 1926 co título Superstición, suxestión e meiciña. Parte do discurso publicouna a revista Nós no número de maio co título A espiritada de Moeche e o poseso Antón Ramilo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xosé A. Fraga "O reto de escribir sobre Medicina en galego nos tempos das Irmandades da Fala", La Opinión, 20 de novembro de 2016