Usuario:Elisardojm/Paris is burning (filme)
Paris Is Burning | |
---|---|
Ficha técnica | |
Fotografía | Paul Gibson |
Montaxe | Jonathan Oppenheim |
Estrea | 1991 |
Duración | 78 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 500,000 $USD (estimado) |
Lingua | Inglés |
Paris Is Burning é unha película documental do ano 1990 dirixida por Jennie Livingston. Filmada na segunda metade dos anos 80, relata o movemento coñecido como cultura ball na cidade de Nova York, e os sectores sociais máis implicados nel: gais latinos e afro-americanos, ademais da comunidade transxénero, todos eles moitas veces envoltos no risco de exclusión social e a pobreza.
Considerouse este documental, como unha extraordinaria mostra do fin da chamada "Idade Dourada" dos bailes drag en Nova York, ademais dunha delicada exploración dos conflitos derivados da raza, a clase social e o xénero en Norteamérica.[1]
Contido
[editar | editar a fonte]Este documental explora as elaboradas e moi estruturadas competicións de baile que se celebraban en Nova York nesa época, nas cales os participantes, adheridos a un tema ou categoría moi específico, debían bailar "camiñando", moitas veces imitando os pasos dun desfile de moda. Os seus movementos eran xulgados sobre a base de distintos criterios, por exemplo o aspecto estético 'drag', a beleza das súas roupas ou a súa habilidade no baile.
Ao longo da metraxe, o documental oscila entre imaxes das competicións de baile e entrevistas cos máis destacados membros deste movemento, entre eles Pepper LaBeija, Dorian Corey, Angie Xtravaganza, e Willi Ninja. Moitos dos que participaban buscando gañar un trofeo pertencían ás distintas "casas" do movemento, un termo asimilado tamén do mundo da moda, pero que aquí adquire un significado similar ao dunha sorte de familia, ou grupo social, cunhas características representativas propias. Do mesmo xeito, aquelas "casas" e participantes que reiteradamente gañaban nestas competicións, adquirían de feito un status quasi-lendario para o resto do movemento.
Jennie Livingston, que nunca cursou estudos de cine e tardou 6 anos en realizar Paris Is Burning, quixo concentrarse en entrevistar ás figuras chave do movemento, moitos deles contribúen con monologos que arroxan luz sobre esta cultura do baile, así como sobre as súas propias personalidades.[2] Nesta película, títulos como "casa" ou "nai" salientan como esta subcultura adaptaba termos do mundo branco heterosexual, dotándoos dun novo significado. Así as "casas" eran as novas familias para os mozos bailaríns cuxa orientación sexual lles levou moitas veces a ter que romper coas súas familias.
O documental describe a persoas con varias e distintas identidades entre xéneros e/ou comunidades a quen pertencen e as súas varias formas de expresión.[3] Por exemplo, algúns deles tiveron que converterse en traballadores sexuais, como Venus Xtravaganza, outros roubaban roupa e algúns outros foron expulsados dos seus fogares pola actitude homófoba dos seus pais. Noutro dos casos, o obxectivo é aforrar para poder realizar a operación de reasignación de sexo. Ségun Livingston, o documental é unha exploración con varias capas dunha subcultura de Americanos-Africanos e Latinos que demostra un microcosmos da sociedade que foi subestimado, clandestino, e descoñecido na cultura popular dos Estados Unidos.[4] O documental tamén explora como estes suxeitos loitaban cotidianamente coa adversidade que implicaba o racismo, a homofobia e a pobreza. Unha tras outra, as entrevistas desta película ofrecen unha mirada ás vidas e problemas dos seus protagonistas e a forza, orgullo e ánimo que estes debían manter para sobrevivir nun mundo "rico e branco".
Drag é unha representación complexa que toca temas de xénero, clase social, e raza nos que un pode expresar desexos e aspiracións. Na película, a comunidade Americana-Africana e Latina son os que demostran un rango diverso de identidades e xéneros nas súas presentacións, este inclúe os homes gai, "butch queens", e até homes e mulleres transxénero.
A película concéntrase nas orixes dun estilo de baile, o "voguing", onde os que compiten camiñan na pasarela como modelos e páranse ou "freeze & pouse" en posicións elegantes coma se eles fosen parte dunha sesión de fotografía pola portada da revista Vogue. O artista Malcolm McLaren (con Mark Moore de S'Express e William Orbit) levaron o fenómeno ao público, xusto antes de rematar Paris is Burning, coa súa canción "Deep in Vogue" e que foi incluída na película e mencionada por Pepper LaBeija e bailarinas como Willi Ninja.[5][6] A canción alcanzou o primeiro posto nos Billboards Dance Chart de EE. UU.[7] Un ano despois, Madonna lanzou a canción "Vogue", o que fixo popular o baile outrora underground.
Con todo, Livingston asegura que a película non só trata dun baile bonito. "Esta película é importante para calquera persoa, non importa se é gai ou non é gai. A película proba que todos estamos debaixo do control das masas de comunicación; demostra como logramos algunhas metas da sociedade, como a parecer como modelos ou ter un caro no noso poder, a pesar de unha cultura esixente. Todo trata de sobrevivir. Trata de persoas que teñen algúns prexuízos contra eles e que aprenderon a sobrevivir con sentido de humor, dignidade, e enerxía. É unha historia curta sobre como todos nós sobrevivimos."[8]
Os produtores de música C&C Musica Factory utilizaron partes de Paris is Burning nunha canción, "Bonus" ou "Shade" do seu álbum, Gonna Make You Sweat. O famoso drag queen RuPaul, tamén usou unhas palabras do documental na súa película Starrbooty e nas súas series chámase RuPaul's Drag Race.
Controversia
[editar | editar a fonte]A película recibiu fondos do National Endowment for the Arts (NEA) durante un período cando a fundación foi xulgada por apoiar a artistas polémicos como Robert Mapplethorpe e Andres Serrano. Livingston era consciente de que toda a publicidade acerca do seu proxecto ameazaba a recadación de fondos, polo que evitou revelar moitos detalles sobre o proxecto fóra do seu pequeno círculo de produtores e colaboradores.
En 1991, moitos dos participantes destacados na película quixeron facer unha demanda para recibir beneficios e ganancias. Paris DuPree buscou o acordo máis grande: $40 millóns de dólares polo uso non autorizado do seu baile. Os produtores declararon que sempre planearan compensar aos participantes principais. Todos abandonaron as súas reclamacións logo de que os seus avogados confirmaron que asinaran acordos de confidencialidade e ó carecer dos recursos para seguir pagando polos avogados. Logo, os produtores distribuíron aproximadamente $55,000 dólares entre trece dos participantes.[9]
Recepción crítica
[editar | editar a fonte]Cando saíu en cines, o documental recibiu unhas críticas moi boas e gañou varios premios como o Gran Premio do Xurado do Festival de Cinema de Sundance, un Teddy Bear no Festival Internacional de Cinema de Berlín, un premio do público no Festival Internacional de Cinema de Toronto, un GLAAD Media Award, un Women in Filme Crystal Award, un premio ó mellor documental do New York Film Critics Circle, e tamén foi nomeado como unha das mellores películas de 1991 polos xornais dos Los Angeles Times, The Washington Post, National Public Radio, Time, e moitos máis.
Máis de dúas décadas despois, Paris is Burning, segue sendo unha ferramenta para unir entre os novos gais e trans; unha vía en como os académicos e alumnos poden examinar temas de raza, clase social, e xénero; unha forma en como os participantes de bailes poden atopar e coñecer os seus devanceiros; e un perfil de varios americanos notables, a maioría dos cales morreron desde a produción.[10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1990 – IDA Award, a asociación internacional de documentais
- 1990 – LAFCA Award Best Documentary, Los Angeles Film Critics Association
- 1990 – Audience Award Best Documentary, San Francisco International Lesbian & Gay Film Festival
- 1991 – Grand Jury Prize Documentary, Sundance Film Festival
- 1991 – Teddy Award para o mellor documental, Berlin International Film Festival
- 1991 – Boston Society of Film Critics Awards (BSFC) mellor documental
- 1991 – Open Palm Award, agora chamada Breakthrough Director Award Gotham Awards
- 1991 – NYFCC Award Best Documentary, New York Film Critics Circle Awards
- 1991 – Golden Space Needle Award Best Documentary, Seattle International Film Festival
- 1992 – Unha película formidable (documental), GLAAD Media Awards
- 1992 – NSFC Award ao mellor documental, National Society of Film Critics
- 2015 – Cinema Eye Honours Legacy Award
- 2016 - Engadido ao Rexistro Nacional de Películas[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The New York Times (18 de abril de 1993). "Paris Has Burned" (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2012.
- ↑ "Paris is Burning cast on The Joan Rivers Show: Part Three".
- ↑ Seidel, Dena. "An Interview with Jennie Livingston." Films for the Feminist Classroom 1.1 (2009): 1–16. Web. 24 de novembro de 2012.
- ↑ Barry Koltnow, "Director Says 'Paris' Isn't Just Dance Film Jennie Livingston Wants People to Look at 'Paris Is Burning' with an Open Mind and an Understanding Heart," Orlando Sentinel, 4 de setembro de 1991, p. 1.
- ↑ Malcolm McLaren – Let It Rock
- ↑ Boykin, Keith. "Willie Ninja". Ohm1.com. Consultado 2012-05-31.
- ↑ Billboard Dance/Club Chart – July 29 1989.
- ↑ Koltnow, Barry. "Director says 'Paris' isn't just dance film: Livingston wants people to look at 'Paris is Burning' with and open mind and understanding heart" Copia arquivada en Wayback Machine. Orlando Sentinel. Orlando Sentinel. Consultado o 30 de novembro de 2014.
- ↑ Green, Jesse (18 de abril de 1993). "Paris Has Burned". The New York Times. Consultado o 21 de maio de 2010.
- ↑ Martin, Douglas (26 de maio de 2003). "Pepper LaBeija, Queen of Harlem Drag Balls, Is Dead at 53"The New York Times. Consultado o 4 de xuño de 2014.
- ↑ https://www.loc.gov/programs/national-film-preservation-board/film-registry/complete-national-film-registry-listing/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paris Is Burning na IMDb (en inglés).
- Paris Is Burning en FilmAffinity (en castelán).