Uz das vasoiras
Uz das vasoiras | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Erica scoparia' L. |
A uz das vasoiras[1] (Erica scoparia) é un tipo de uz ( familia das ericáceas) orixinario de Europa central e occidental. Aparece nos montes galegos máis temperados.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto medio cuxa altura varía entre 1 e 3 m, con follas miúdas de cor verdosa clara de forma lineal. As flores son miúdas, verdosas amarelentas, máis ou menos espalladas polas pólas superiores, florea a comezos da primavera. Acostuma coincidir no mesmo hábitat que a uz branca (Erica arborea), diferenciándose porque as flores desta última son abrancazadas e agrupadas na parte superior das pólas, ademais nos talos novos cubertos de vilosidade, mentres que a uz das vasoiras tenas glabras. O froitoé unha cápsula miúda.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Matogueiras e clareiros de formacións boscosas con influencia mediterránea (Quercus coccifera, Quercus faginea) e solos areentos e non excesivamente acedos do piso supramediterráneo, máis raramente mesomediterráneo e colino, con ombrotipo de seco superior a húmido. Tamén en matogueiras, uceiras e bosques en terreos soltos e frescos, silíceos, en areais subcosteiros. Distribúese por Europa occidental, especialmente na Península Ibérica e illas Baleares.
Usos
[editar | editar a fonte]O ramallo serve de alimento para o gado. Tamén se emprega a madeira para leña e para a fabricación de vasoiras.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Crese que o nome xenérico Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas ramas fráxiles. O nome común: uz, urce, dá nome en galego a distintas especies do xénero Erica. Procede do latín ūlǐce (nome da planta nesa lingua). A designación vulgar da especie: “das vasoiras” (o mesmo que a designación específica culta scoparius), fai referencia ao uso tradicional que se lle daba á planta (igual que as xesta e xibardas) para a fabricación de vasoiras.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Erica scoparia foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species plantarum 353 1753.[2]
- Erica cinerea var. coccinea Bean [= Erica cinerea var. fulgida]
- Erica cinerea L
- Chlorocodon scoparium (L.) Fourr.
- Erica absinthioides Spreng.
- Erica fucata Thunb.
- Erica platycodon (Webb & Berthel.) Rivas Mart. & al.
- Erica scoparia var. platycodon Webb & Berthel.
- Erica scoparia subsp. platycodon (Webb & Berthel.) A.Hansen & G.Kunkel
- Erica virgulata J.C.Wendl.
- Ericoides fucatum (Thunb.) Kuntze
- Ericoides scoparium (L.) Kuntze[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rigueiro Rodríguez, Antonio; Santiago Freijanes, José Javier; Vila Lameiro, Pablo; Villarino Urtiaga, Juan José; Rodríguez Río, Xusto A (2012). Vocabulario forestal galego - espan︣ol - inglés. Servizo de Normalización Lingüística da USC. ISBN 978-84-9887-920-9. OCLC 931359236. 2339.
- ↑ "Uz das vasoiras". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 5 de xullo de 2012.
- ↑ en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uz das vasoiras |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Uz das vasoiras |