Saltar ao contido

Víctor Aneiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Aneiros

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, guitarrista, compositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoBlues rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoGaztelupeko Hotsak Editar o valor en Wikidata

Páxina webvictoraneiros.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4992728

Víctor Aneiros, nado o 7 de decembro de 1960 en Ferrol, é un guitarrista e compositor de Blues-rock, considerado un dos pioneiros do blues en galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Músico autodidacta e heterodoxo, comezou nos 80 tocando en distintas bandas, pero non foi ata o ano 1999 cando iniciou unha carreira en solitario coa Víctor Aneiros & Blue Notes, editando Que el Blues te acompañe por Cambaya Records.

No 2003 forma Víctor Aneiros Band co batería Marcos Sánchez, o pianista Manuel Gutiérrez e o baixista José Orjales. Edita Live in Montreux no 2003, Blues do Amencer no 2004 e Heroe Secreto no 2008, todos eles co selo vasco Gaztelupeko Hotsak. Neste último traballo, no que recupera poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo e Ramiro Fonte, así como, unha adaptación ao blues do himno da emigración galega “Unha noite na eira do trigo” do poeta Curros Enríquez, contou coas colaboracións do saxofonista Roberto Somoza, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo, a vocalista Paula Martins, o acordeonista Javier Díaz e o banjo de Juan Cabezón "Cabe".

En Heroe Secreto inclúese o tema “Miña bala perdida”, nomeada a mellor canción en galego na XIII edición dos premios da música 2009.

Estes proxectos levárono a actuar en distintos escenarios fóra e dentro de España: Festival de blues de Antequera 2000, Ritmo e Blues en Aragón 2001, Festival de blues de Cerdanyola 2001, Festival de jazz de Montreux off 2002 (Suíza), Festival de blues Reus 2002, Festival de blues de Elorrio 2003, Festival de blues de Getxo 2004, Festival de blues de Sta. María dos Azores 2005 (Portugal), Festival de blues de Ourense 2005, Festival de blues de Torreperogil 2006, Festival de blues de Seia 2007 (Portugal), Douro Blues de Gaia 2007 (Portugal), Festival de blues de Cerdanyola 2008.

No 2010 publica, “Brétemas da memoria”. O guitarrista e compositor galego dedica unha importante parte do seu quinto disco á obra de Ramiro Fonte (1957-2008), adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta. “Brétemas da memoria” é melancólica, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén está preñado dunha contaxiosa enerxía que nos transmite a guitarra de Aneiros. Javier Vargas, Mauri Sanchis, Roberto Somoza, son algunhas das colaboracións deste excelente traballo.

En 2011 publica o DVD “Ao Vivo” gravado en directo no Teatro Jofre de Ferrol con motivo da presentación de “Brétemas da memoria”.

En 2012 grava “Back From The Blues”, resultado da colaboración entre a cantante Canadense Julie Guravich coa Víctor Aneiros Band.

En 2014 publicase "A soidade pide copas nos bares", revisión en formato acústico de temas extraídos dos seus anteriores traballos.

No outono de 2017 edítase "Un extraño entre a multitud". Un disco máis preto do rock e cantado integramente en castelán.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Que el blues te acompañe (2000).
  • Live in Montreux (2003).
  • Blues do amencer (2004).
  • Heroe secreto (2008).
  • Brétemas da memoria (2010).
  • Ao Vivo DVD (2011).
  • Back from the blues (2012).
  • A soidade pide copas nos bares (2014).
  • Un extraño entre la multitud (2017)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]