Saltar ao contido

Roberto Somoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Somoza
Biografía
NacementoLondres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaxofonista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoSaxofón Editar o valor en Wikidata

Roberto Somoza, nado en Londres, é un saxofonista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicia os seus estudos os 8 anos cursando no conservatorio da Coruña estudos de clarinete, solfexo e harmonía. Pouco despois toma contacto co saxofón iniciándose como autodidacta nesta disciplina. Foi músico da orquestra "Los Satélites", onde se formou como músico de sección da man do seu irmán máis vello José Somoza, trompetista daquela nesa formación. Paralelamente a esta actividade asiste a clase de improvisación e saxo con Pedro Iturralde en Madrid e leva ao cabo os seus primeiros contactos no jazz da man de Antonio Cal, Fernando Llorca, Nani García, Baldo Martínez, Andres Rivas, Alfonso Morán e un sen fin de músicos da escena do jazz galego. Na actualidade é profesor de saxofón na especialidade de Jazz do Conservatorio superior de Música da Coruña..

No ano 2004, Xingra editou o seu disco Regra de tres. Está acompañado por Alfonso Morán ó contrabaixo e Andres Rivas como batería. O CD conten 10 temas orixinais escritos na súa maioría polo propio Roberto.

Produciu discos de Pablo Alvaro e Carmen Dor, incluíndo neles temas propios.

Con Kin Garcia encargase do programa de Jazz da Radio Galega “ESTUDIO 3”entre os anos 2002 e 2004.

Actualmente é director e arranxador da Garufa Blue Devils Big Band, grupo residente na sala Garufa Club, formado por el mesmo no ano 2014.

Colaboracións

[editar | editar a fonte]

Comparte e colabora en proxectos con diferentes artistas da escena galega e internacional: Uxía, Carmen Rey, Maite Dono, o guitarrista Víctor Aneiros, Pablo Abraira, Pablo Alvaro e Sabela Cereijo, a gaiteira Susana Seivane, os pianistas Alberto Conde e Nani García, o vocalista e guitarrista João Afonso, as formacións Marcos Teira Cuarteto, Trío Jazzers, Fanjazz, Bennie Green, 7º Día, Carlos López Quintet, Bob Mover, Pepe Bao, Fernando Llorca Atlantic Band, RitmanMuchos, Cuarteto Drops, Kin García ou Pepe Evangelista Cuarteto e a Old Dixie Band, as big bands de Antonio Cal, André Sarbib, Michael Lauren ou o grupo Clunia Jazz onde coincidiría no ano 2004 co trompetista Kenny Wheeler. Tamén é compoñente da Orquesta imaxinasóns (06/07) e codirector e arranxador da mesma orquestra no 2006.

Festivais

[editar | editar a fonte]

Actúa en diferentes festivais: Festival de músicas do mundo-Tondela 2003, Cambridge festival 2004, Festival de jazz de Vigo 2004, Filets Bleus 2005, Festival de Jazz de San Sebastián 2005, Tonder festival 2005, Iberojazz 2005, Strasburgo music festival 2006, Festival internacional das Illas Azores 2006, Glasgow festival 2006, Novas Músicas de Monforte 2006 e 2007. Festival de jazz de Matosinhos onde comparte palco con André Sarbibe Bernardo Moreira e comparte cartel con Mário Franco, Ernie Watts e Benny Golson e Benny Green.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Como líder

[editar | editar a fonte]
  • Regra de Tres (Xingra 2004)
  • Tempos de Cambio (Xingra 2006)
  • Trio Electrico (Xingra 2008)
  • The Vanguard (2009)
  • Yellow (2010)
  • Standard / Ballads (2011)
  • Continuum (2012)
  • Cal y Arena (2014)
  • The Jazz Modal Concept (2014)
  • Saxophone & Clarinet Solo (2017)
  • Play Ballads (2018)

Con Clunia

[editar | editar a fonte]
  • "5" (Xingra e Karonte 2009)

Con Atlantic Bridge

[editar | editar a fonte]
  • Atlantic Bridge (Karonte 2010)

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Brétemas da Memoria Víctor Aneiros (Gaztelupeko-2010)
  • Heroe Secreto Víctor Aneiros (Gaztelupeko-2008)
  • Carlos López Cuarteto (Free-code 2006)
  • Onde Nace o Vento Pepe Vaamonde Grupo (Falcatruada-2005)
  • Big Band do Conservatorio Superior da Coruña(2004)
  • Mares de Tempo Susana Seivane (Boa-2004)
  • Fuera Carmen Rey (Xingra-2004)
  • Vintenove Sabela Cereijo (Xingra-2004)
  • Punta de Cabío Marcos Teira (Xingra-2003)
  • O Mar Vertical Maite Dono (Xingra-2002)
  • Mr. Cal Fernando Llorca Atlantic Band (Clave Records-2001)
  • Danza das Areas Uxía (Virgim- 2000)
  • Capetón Os Diplomáticos de Monte-Alto (Fonomusic-1999)
  • 7 Mares Los Limones (Tecnodisco-1997)
  • Jacobo de Miguel cuarteto (2011)
  • Quinito Morelle cuarteto (2009 - 2011)

Trillas sonoras:

No ano 2007 colabora gravando para o novo traballo do compositor Lucio Godoy: El club de los suicidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]