Víctor Pruneda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1809 Ferrol, España |
Morte | 15 de xullo de 1882 (72 anos) Teruel, España |
Gobernador civil da provincia de Zaragoza | |
1873 – | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
26 de abril de 1871 – 24 de xaneiro de 1872 Circunscrición electoral: Teruel (en) | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
5 de maio de 1869 – 1 de febreiro de 1871 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
5 de maio de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 Circunscrición electoral: Zaragoza | |
Alcalde de Teruel | |
novembro de 1854 – 1856 | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pruneda (Víctor), p.359) |
Víctor Santos Pruneda Soriano, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1809 e finado en Teruel o 15 de xuño de 1882, foi un xornalista e político republicano galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun oficial de mariña que combateu na batalla de Trafalgar, exerceu como mestre e secretario municipal en El Poyo del Cid (1829). Ameazado polas partidas carlistas, instalouse en Teruel (1835), onde desenvolveu unha intensa actividade pública como membro da á esquerda do Partido Progresista e presidente da Sociedad Económica de Amigos del País. En 1840, logo do fracaso do pronunciamento contra a rexencia de María Cristina, iniciou as súas colaboracións co periódico republicano madrileño El Huracán e fundou en 1941 El Centinela de Aragón. Detido e acusado de conspiración polos seus artigos, sobreviviu a un intento de homicidio e evitou a deportación a Porto Rico. Membro da Junta Superior del Gobierno Popular de Teruel e comandante da Milicia Popular durante o pronunciamento contra Espartero do verán de 1843; en setembro foi vocal da Junta Revolucionaria de Teruel. Co fracaso da insurrección tivo que enfrontarse á pena de morte, acusado de "conspiración contra el gobierno". Conmutada a condena por seis anos de confinamento nas Illas Canarias, beneficiouse da amnistía decretada pola voda de Isabel II (1846). Pola súa participación nos acontecementos revolucionarios (1848) foi condenado a 9 meses de cadea no castelo de Morella. En 1849 uniuse ao Partido Democrático, de inspiración republicana. No pronunciamento do verán de 1854 foi presidente da Junta revolucionaria da provincia de Teruel. Foi elixido alcalde de Teruel e comandante da Milicia Nacional. Co fin do Bienio Progresista tivo que fuxir a Zaragoza e exiliarse en Francia. Cando regresou foi capturado e deportado 5 meses en Cidade Real. Retornado a Teruel publicou o periódico El Órgano de Móstoles, polo que foi novamente procesado. Conseguiu evitar a deportación a Fernando Poo e participou na sublevación anti-isabelina de 1867 e na da Junta Revolucionaria Provisional de Teruel en 1868. Foi elixido presidente da Junta Revolucionaria de Teruel e comandante dos Voluntarios de la Libertad. Colaborou en El Pueblo e La Igualdad de Madrid e volveu publicar El Centinela de Aragón. En 1869 colaborou na fundación dos periódicos La Fraternidad e La Idea. Fundou o Partido Democrático Federal de Teruel, do que foi elixido presidente. Foi elixido alcalde de Teruel e deputado pola provincia de Zaragoza. Participou na insurrección federal de 1869, que lle valeu un Consello de Guerra e a deportación a Francia. Desde Hendaia e Baiona colaborou na prensa federalista turolense. Amnistiado en 1870, foi elixido presidente do Comité Republicano provincial de Teruel. En 1871 foi deputado a Cotes, membro do Directorio Nacional Republicano e, outra vez, alcalde de Teruel.
Coa proclamación da I República foi nomeado Gobernador Civil de Zaragoza. Opúxose á insurrección cantonal no manifesto Al País. Dimitiu do cargo de Gobernador Civil por diferenzas con Castelar. De regreso en Teruel, reorganizou a Milicia Nacional para facer fronte ao exército carlista. Xogou un papel destacado durante os ataques carlistas contra a cidade no verán de 1873.
Despois da restauración monárquica, que censurou a publicación do periódico satírico El XII, abandonou a actividade política e refuxiouse na literatura. Colaborou en El Turolense (1876) e escribiu algúns ensaios históricos. Tamén traballou como vicepresidente da Sociedad Económica Turolense de Amigos del País (1877).
Obras
[editar | editar a fonte]- Un viaje a las islas Canarias (1848).
- Apuntes para la historia de Teruel (1877).
- Apuntes críticos y biográficos de turolenses célebres (1879).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Víctor Pruneda |