Val de Jiuzhaigou
(zh-cn) 九寨沟 ![]() | ||||
Tipo | espazo natural protexido val Parque nacional ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Sichuan, República Popular da China ![]() | |||
Localización | Jiuzhaigou County (en) ![]() ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 72.000 ha ![]() | |||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Asia-Oceanía insular | |||
Data | 1990 (14ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) ![]() | |||
Identificador | 637 | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
Reserva da biosfera ![]() | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… ![]() | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1978 ![]() | |||
Sitio web | jiuzhai.com ![]() | |||
O Val de Jiuzhaigou (九寨沟 en chinés, Sicadêgu en tibetano) é unha reserva natural no norte da provincia de Sichuan da República Popular da China, coñecida polas súas cataratas e lagos, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O Val de Jiuzhaigou queda ao sur dos montes Minshan, a 330 quilómetros ao norte da cidade de Chengdu preto do límite coa provincia de Gansu, forma parte da Prefectura Autónoma Tibetana e Qiang de Ngawa e do condado de Jiuzhaigou.
O espazo protexido cobre unha área de 720 km² cunha altitude que varía segundo a zona, entre os 1.998 a 2.140 m e os 4.558 - 4.764 m. O clima no val é frío, a temperatura media rolda os 7.2 °C., coa mínima de -1 °C en xaneiro e a máxima de 17 °C en xullo. O volume anual de precipitacións é de 661 mm, o 80% entre maio e outubro.

Historia
[editar | editar a fonte]
A área é unha zona remota habitada polo pobo tibetano durante séculos, en 1997 vivían no val 130 familias en sete aldeas totalizando uns 1000 habitantes, tradicionalmente dedicados á agricultura e á silvicultura, actividades que desde a declaración de reserva natural está prohibida, dedicándose a poboación a actividades relacionadas co turismo, os turistas que eran tan só 5000 en 1984 chegaron a 1.190.000 en 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val de Jiuzhaigou ![]() |