Valentín Peña
Aparencia
(Redirección desde «Valentín Peña Meléndez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Valentín Peña Meléndez 1851 Marín, España |
Morte | 8 de setembro de 1916 (64/65 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | José Peña Meléndez |
Parentes | Ramón Peña |
Valentín Peña Meléndez, nado en San Tomé de Piñeiro (Marín) en 1851 e finado en Pontevedra o 8 de setembro de 1916[1], foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trasladado a Santiago de Compostela, foi redactor de Gaceta de Galicia e traballou con Alfredo Brañas. Co seu irmán o debuxante José Peña Meléndez fundou o periódico El Ciclón. Trasladado a Pontevedra, formou parte do grupo republicano de Pontevedra, foi presidente do subcomité republicano de Lerez. Dirixiu os periódicos La Unión Republicana, La Opinión, fundou e dirixiu La Glosopeda e colaborou en Diario de Pontevedra e La Libertad. Ao final da súa vida foi nomeado auxiliar na oficina de Montes de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "D. Valentín Peña" en Diario de Pontevedra 9-9-1916, p. 2.