Saltar ao contido

Valverde de Mérida

Modelo:Xeografía políticaValverde de Mérida
Imaxe

Localización
Mapa
 38°54′39″N 6°13′13″O / 38.910833333333, -6.2202777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Badaxoz Editar o valor en Wikidata
CapitalValverde de Mérida Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.018 (2023) Editar o valor en Wikidata (19,32 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie52,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude267 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal06890 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE06145 Editar o valor en Wikidata

Páxina webvalverdedemerida.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5504830

Valverde de Mérida é un concello da provincia de Badaxoz, na Comunidade Autónoma de Estremadura (España). En 2007 a súa poboación era de 1.159 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situado a menos de 10 km ao leste da cidade de Mérida, nunha grande curva do río Guadiana, entre Las Vegas Altas e Las Vegas Bajas. O territorio municipal ocupa unha área de 52 kn2. As coordenadas xeográficas son 38° 54′ 0″ N e 6° 13′ 0″ W.

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía está baseada na agricultura e a gandería: Debido á fertilidade das súas terras é unha zona próspera.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Hai indicios prerromanos na zona, de polo menos un petróglifo con forma de pegada de animal, que os valverdeños denominan 'la pisá la vaca'. En canto a restos romanos, hai algunhas villae (casas romanas de descanso e labranza) e máis un encoro de orixe romana, pequeno, máis modélico no que atinxe á súa estrutura, coas diversas partes ben recoñecíbeis. Fican aínda restos, moi minguados, dunha ermida visigoda, en Ureña, paraxe que deu nome á veciña localidade de Guareña.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

En canto a monumentos, o que máis atención chama é a súa igrexa parroquial, de "estilo sevillano" ou andaluz, como proba o seu campanario, con azulexos vistosos. O seu grande tamaño non concorda co da localidade.

Está consagrada a Santa Mariña de Augas Santas, mártir galega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]