Malcocinado
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Badaxoz | ||||
Capital | Malcocinado | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 356 (2023) (13,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 26,2 km² | ||||
Altitude | 615 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 06928 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 06077 | ||||
Páxina web | malcocinado.es |
Malcocinado é un municipio español, pertencente á provincia de Badaxoz (comunidade autónoma de Estremadura).
Situación
[editar | editar a fonte]Está situado ao sueste da provincia de Badaxoz, ao pé da Serra Morena. Pertence á comarca de Campiña Sur e ao Partido Xudicial de Llerena. É o municipio máis austral do Campiña Sur e está practicamente enclavado na provincia da Sevilla, tanto que ata mediados do século XIX era unha vila independente de Guadalcanal.
Historia
[editar | editar a fonte]O municipio xurdiu a partir dunhas vivendas de pastores na veciña vila de Guadalcanal, entón enmarcada en Badaxoz
Á caída do Antigo Réxime, a localidade converteuse nun municipio constitucional da rexión de Extremadura. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial de Llerena.[1] No censo de 1842 chamouse Villanueva de la Victoria.[2] Segregouse do municipio de Guadalcanal na provincia de Sevilla e foi transferido a esta provincia pola Real Orde do 12 de abril de 1842. No censo de 1857 tiña 208 fogares e 886 veciños.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa parroquial de San Antonio de Padua
[editar | editar a fonte]Igrexa parroquial católica baixo a advocación de San Antonio de Padua, na arquidiocese de Mérida-Badaxoz.[3] O estilo corresponde á arquitectura tardía do século XVIII, aínda que as modificacións feitas no templo fan difícil a clasificación nun estilo específico. O templo ten unha soa nave con catro seccións. Están separados por arcos de ladrillo. Estas seccións están cubertas por bóvedas de aresta.[4]
Os primeiros datos desta igrexa proceden da igrexa parroquial de Santa María la Mayor de Guadalcanal xa que, desde que Malcocinado pertencía a esta vila, a igrexa de San Antonio de Padua estaba adscrita á anterior. A igrexa de Malcocinado foi chamada durante o século XIX, ata 1862, "Igrexa parroquial da Purísima Concepción".[5]
Paraxes e restos etnográficos
[editar | editar a fonte]Tamén ten lugares importantes como o río Sotillo. Nas proximidades aínda se poden ver zonas de rego de grande antigüidade. Tamén se atopan restos dunha antiga lavandería, dúas noras e un muíño de aceite, todos eles de grande interese etnográfico. Tamén destacan a "Fonte da Machacona", cuxo afloramento de auga está baixo o chan, e tamén o chamado "Gran Pilar" que ten un gran bebedoiro adxunto.[5]
Personaxes ilustres
[editar | editar a fonte]Foi o berce de Valentín González González "El Campesino" (1909 - 1983), famoso militar comunista da guerra civil española .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cervantes Virtual
- ↑ Municipio Código INE -06-077
- ↑ Archidiócesis de Mérida-Badajoz - Listado de Parroquias "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 24 de agosto de 2009.
- ↑ "MALCOCINADO. VIAJE A ESTA LOCALIDAD DE BADAJOZ.". 5 de outubro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "Malcocinado". 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malcocinado |