Saltar ao contido

Guadalcanal, España

Modelo:Xeografía políticaGuadalcanal, España
Imaxe

Localización
Mapa
 38°05′31″N 5°49′16″O / 38.091944444444, -5.8211111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.545 (2023) Editar o valor en Wikidata (9,25 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie275 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude762 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJesús Manuel Martínez Nogales (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41390 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41048 Editar o valor en Wikidata

Páxina webguadalcanal.es Editar o valor en Wikidata

Guadalcanal é unha localidade da provincia de Sevilla. No ano 2006 tiña 2.970 habitantes. A súa extensión superficial é de 275 km², cunha densidade de 10,6 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 662 metros, encaixada nun val entre as Serras da Auga e do Vento, na comarca da Sierra Norte, e a 110 quilómetros da capital de provincia, Sevilla; depende do partido xudicial de Cazalla de la Sierra.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Procedente do árabe Wad al-Qanal (وادي القنال) «río do canal» ou, segundo unha etimoloxía popular, «río de creación». Rafael Lapesa lista o topónimo como un híbrido arábigo-romance entre a raíz árabe para «río» e a palabra «canle».[1]

A historiografía tradicional sostén que Guadalcanal sería a Tereses citada por Plinio o Vello na súa Historia Natural,[2] mentres que no século V os alanos (ou vándalos) ampliarían a poboación e mudarían o nome a Canani, orixe do actual Guadalcanal, como farían cunha tal Fortunale, denominándoa como San Nicolás del Puerto, e con Ancanicum, chamándoa Alanís. A historia aparece repetida en obras como a Población General de España, de Juan Antonio de Estrada (1768), e a Geographia historica de Pedro Murillo Velarde (1752), quen engade Texera como outro suposto nome antigo da vila, aínda que quen o popularizaría sería Rodrigo Caro,[3] que á súa vez o tomarade Marco Máximo, bispo de Zaragoza no século VII, cuxo Cronicón fora difundido a principios do XVII polo xesuíta Jerónimo Román de la Higuera. Con todo, xa antes do final da centuria Nicolás Antonio demostrara a falsidade de gran parte do documento, deslexitimando esta interpretación tantas veces repetida.

A día de hoxe considérase que Tereses é unha mala lectura de Siareses [Fortunales], que se encontra nos terreos de La Cañada, Utrera,[4] do mesmo xeito que Ancanicum ou Emanicum o é de [Callenses] Aeneanici, a suposta Alanís, que estivo ao norte de Montellano e ao leste de El Coronil. Esta hipótese xa fora avanzada en 1897 en base ao achado de inscricións ao sur do Guadalquivir.[5]

Outra cidade citada por Plinio na que se quixo ver a actual Guadalcanal é Serippo, aínda que a maioría de estudos sitúana, como a Siareses, ao sur do Guadalquivir, e podería ser unha mala lectura de Irippo (Mesa de Gandul en Alcalá de Guadaíra).[6] A orixe da problemática encóntrase na confusa división establecida na obra do historiador romano entre a Beturia Céltica, abarcando desde o Guadiana ao Guadalquivir, e os Baetici Celtici, poboacións establecidos supostamente nas comarcas que se estenden entre Utrera e Ronda.

Como curiosidade, consérvase en manuscritos de Isaac Newton anotacións á edición espuria do Cronicón ampliada e comentada por Frei Francisco de Bivar (1651), expresamente na frase na que se nomea a Canani ou Callani, a suposta Guadalcanal.[7]

Guadalcanal, á súa vez, deu nome a unha das Illas Salomón, a illa de Guadalcanal; bautizada así por Pedro de Ortega Valencia, natural da localidade e oficial na expedición de Álvaro de Mendaña no Pacífico de 1567–69. Arredor desta illa desenvolveuse unha decisiva campaña na segunda guerra mundial, a Batalla de Guadalcanal.

Guadalcanal desde a Serra de El Agua.

Arrebatada por Rodrigo Íñiguez, décimo quinto Mestre da Orde de Santiago en 1241 do dominio árabe, quedando baixo a xurisdición da mesma, e adscrita á Provincia de León (que abarcaba así mesmo grandes extensións en Estremadura); e no eclesiástico, á vigairía de Santa María de Tentudía (da que se desliga durante o século XIV), dependente á súa vez do Priorado de San Marcos de León. En 1594 contaba con 1055 veciños.[8] A ela pertencía a aldea de Malcocinado, actualmente en Estremadura, orixinada a partir das vivendas duns pastores procedentes da propia vila.

A finais do século XV foi testemuña da loita entre Enrique de Guzmán, II duque de Medina Sidonia, e Alfonso de Cárdenas, pola obtención do mestrado da Orde de Santiago. En xaneiro de 1475, Cárdenas sorprendeu os seus adversarios en Guadalcanal, onde os seus seguidores se fixeron cun bo botín, que incluía as pertenzas persoais do duque.[9]

Fortificada "desde antigo" pola súa situación xeográfica, as súas defensas foron mandadas derruír pola súa participación na revolta dos Comuneiros. Hoxe en día, a pesar da anterior abundancia de castelos no seu termo, apenas quedan restos do de La Ventosilla. Tamén foron identificados restos da súa alcazaba árabe no contorno da Igrexa de Santa María da Asunción e a traza de diversos tramos de muralla noutros puntos do recinto.

A mediados do século XVI, actívase a extracción de prata das minas da rexión, traballo encargado aos Fugger, banqueiros alemáns. Os filóns esgotáronse o século pasado.

Non é até o ano 1833, coa nova división provincial de Javier de Burgos, cando Guadalcanal deixa de pertencer a Estremadura e pasa a formar parte da provincia de Sevilla, na rexión histórica de Andalucía.

A vila sufriu unha forte crise no século XIX que acabou coas súas catro comunidades de relixiosas e enfrontouse, como a maioría das comunidades rurais, ao éxodo masivo dos seus habitantes á cidade ocorrido no século XX.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
Vista da igrexa de Santa María
Igrexa de Santa Ana en Guadalcanal

Os seus monumentos sufriron unha forte decadencia nos últimos tempos, pero se está levando a cabo unha restauración en varios deles. Amais do Concello e a Igrexa de Santa María da Asunción (gótico-mudéxar), principal da vila, está a igrexa de San Vicente (Século XVIII, actualmente sede dunha peña futbolística), a da Concepción (s. XVIII, anteriormente estivo en deplorables condicións) e a de Santa Ana (Monumento Histórico Artístico Nacional, restaurada recentemente).

La Almona é o monumento civil máis antigo da rexión e data de 1307. Tamén se conserva o Convento do Espírito Santo, que fixo as veces de escola noutro tempo, e o Mercado de Abastos atópase na que foi Igrexa de San Sebastián. Existen ermidas nos arredores como as de San Benito e Nosa Señora de Guaditoca, patroa do pobo. Quedan algúns restos das vellas murallas e castelo, derrubados na guerra dos comuneiros.

Economía

[editar | editar a fonte]

Conta con varias cooperativas olivareras, e posúe un importante mercado de fabricación de mobles, así como de ladrillos refractarios.

  1. Lapesa, Rafael (1981). Historia de la lengua española (PDF). Madrid: Gredos. p. 141. ISBN 84-249-0072-3. 
  2. Plinio el Viejo (77). "Naturalis Historia" III: 13–14. 
  3. Rodrigo Caro (1634). "Antiguedades y principado de la ilustrissima ciudad de Sevilla" III: 197. Neste lugar de Plinio parece, que non é máis dunha poboación, que se chamaba Tereses, e tomou por nome Fortunales: mais no Chronico de Marco Maximo acho, que son dous lugares de aqueles a quen os vándalos na Bética mudaron o seu antigo nome [...] De maneira, que a poboación chamada Tereses, chamárona Canani, que pensan algúns é Guadalcanal, e está na terra dentro dos termos da Beturia. 
  4. Francisco Beltrán Lloris (1994). "Plin. NH III 13-14 ¿Beturia Céltica o Convento Hispalense? A propósito de la estructura de la descripción pliniana de la Bética" (PDF). III Congreso Peninsular de Historia Antigua (Vitoria). Preactas II: 413–426. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de novembro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2014. 
  5. Fidel Fita Colomé (1897). "Los Callenses Aeneanici del Arahal y de Montellano". Boletín de la Real Academia de la Historia 31: 381–390. 
  6. J. Pascual Barea, “Irippo y la Mesa de Gandul (Alcalá de Guadaíra): ‘la fortificación del río Ira’ en época turdetana Arquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.”, Congreso Internacional Fortificaciones en el entorno del Bajo Guadalquivir. Alcalá de Guadaíra: Ayuntamiento, 2002, 169-177 (171).
  7. Pablo Toribio Pérez (2010). "Alanos, vándalos y suevos en la exégesis apocalíptica de Isaac Newton: una fuente y un texto desconocidos" (PDF). Digital.CSIC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de setembro de 2021. Consultado o 07 de maio de 2021. Entre os proxectos “non científicos” de Newton (alquimia e teoloxía), desenvolvidos principalmente en latín, ocupa un lugar central a interpretación da Apocalipse. Isaac Newton (1642/3-1727) dedicou un grande esforzo en traducir a cronoloxía apocalíptica en termos de cronoloxía histórica. En dita interpretación desempeñan un papel prominente as guerras do último século do Imperio romano, e entre elas o paso por Hispania de alanos, vándalos e suevos. Neste traballo o autor achega información nova sobre as fontes hispánicas usadas polo matemático de Cambridge para a súa investigación sobre este tema, a partir dunha pasaxe inédita escrita por Newton en latín a propósito dos alanos que pasou desapercibido polos estudosos. 
  8. Libro dos millóns: Censo de poboación das provincias e partidos da Coroa de Castela no século XVI
  9. Ladero Quesada, Miguel Ángel (2015). Guzmán. La casa ducal de Medina Sidonia en Sevilla y su reino. 1282–1521. Madrid: Dykinson. p. 194–195. ISBN 978-84-9085-274-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]