Saltar ao contido

Tocina

Modelo:Xeografía políticaTocina
Imaxe

Localización
Mapa
 37°36′35″N 5°44′00″O / 37.609722222222, -5.7333333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
CapitalTocina Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.420 (2023) Editar o valor en Wikidata (672,86 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie14 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude27 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco José Calvo Pozo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41340 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41092 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Żejtun (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webtocina.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452712

Tocina é unha localidade andaluza, da provincia de Sevilla. En 2005 tiña 9.114 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa extensión é de 14 km² e ten unha densidade de 651,0 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 36' N, 5º 44' W. Atópase situada a unha altitude de 27 metros sobre o nivel do mar e a 37 quilómetros ao noroeste da capital de provincia, Sevilla. Tocina atópase na ribeira do río Guadalquivir, e ten dous núcleos principais, Tocina e Los Rosales.

Situada ao pé da vía do tren que une Sevilla con Córdoba, a súa economía vira ao redor da produción de azucre.

Os restos arqueolóxicos permiten afirmar que o que hoxe é Tocina estivo poboado dende bastantes séculos atrás, con trazos neolíticos, romanos e árabes. Logo da invasión cristiá conformouse definitivamente un núcleo habitado, baixo o dominio da Orde de Malta, que o mantivo ata o século XIX nun conxunto de territorios que se estendían polas dúas ribeiras do Guadalquivir. O núcleo estaba baixo o dominio dun comendador que foi o encargado das repoboacións e de estabelecer alcaldes. A poboación viviu do agro e dos traballos temporeiros, e sufriu tamén a crise alimentaria de comezos do século XIX. En 1860 inaugúrase a estación do ferrocarril, que lle dá un novo pulo á economía da vila e que configura un novo núcleo de poboación: Los Rosales. En 1926 comeza a practicarse o regadío extensivo e a producir azucre.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]