Saltar ao contido

Osuna

Modelo:Xeografía políticaOsuna
Imaxe

Localización
Mapa
 37°14′14″N 5°06′11″O / 37.237222222222, -5.1030555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalOsuna Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación17.418 (2023) Editar o valor en Wikidata (29,4 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie592,49 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude328 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRosario Andújar Torrejón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41640 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41068 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webayto-osuna.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452114
Universidade, e ao fondo, a Colexiata.

Osuna é unha cidade e concello andaluz, da provincia de Sevilla. En 2007 tiña 17.698 habitantes, nunha área de 592 km².

Situación

[editar | editar a fonte]

Osuna áchase situada no centro de Andalucía a 282 metros de altitude, nunha dilatada chaira da campina sevillana, que é irrigada polos ríos Salado e Peinado, tributarios do Corbones.O extremo sur é mais montañoso (serra de Algámitas). Atravésana as estradas A-92 e máis a Nacional IV. Dista 86 km da cidade de Sevilla.

Lex Ursonensis (M.A.N.)

Osuna é unha cidade de grande antigüidade, de hai uns tres mil anos, cando os turdetanos habitaban a zona. Sería coñecida en época prerromana co nome de Urso. No ano 44-43 a. C., cumprindo unha previsión anterior de Xulio César, foi refundada por Marco Antonio con veteranos das últimas guerras civís, dándolle o estatuto de colonia de cidadáns romanos e o nome oficial de Colonia Genetiva Iulia, tamén documentado nalgunhas inscricións. Consérvase, aínda que incompleta, a súa lei colonial fundacional, unha importante inscrición de bronce en varias táboas, coñecida como Lex Ursonensis[1] (aínda que o nome "Urso" non aparece nela), que se custodia no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid. Un século despois, Plinio o Vello cítaa como Colonia Genetiva Urbanorum Urso (NH, III.12).

No 711 foi tomada polos árabes, sendo denominada polos musulmáns Oxona.

O rei Fernando III de Castela conquistouna en 1239, cedéndoa en encomenda á orde de Calatrava en 1264. A mediados do século XV, foille recoñecido o señorío da cidade a Pedro Girón, comendador da orde. Xa en tempos do rei Filipe II este señorío pasou a calidade de ducado de Osuna. En 1548, o seu señor, Juan Téllez Girón, nado en Osuna polo 1494, un personaxe a cabalo entre o medievo e o Renacemento, creou na cidade de Osuna o maior conxunto monumental do renacemento sevillano, coa construción de trece igrexas e conventos, un hospital, a Universidade, a Colexiata e o Sepulcro ducal, que o converten no mecenas máis importante da súa época.[2]

Patrimonio monumental

[editar | editar a fonte]

O templo relixioso de máis sona é a Colexiata, edificada entre 1534 e 1539, en estilo plateresco, con interesantes pinturas, frescos e esculturas. Dentro dela está a capela do Santo Sepulcro (1540), co monumento funerario dos duques de Osuna.

A Universidade, tamén de estilo plateresco, foi construída a partir de 1538.

A igrexa de San Domingos (Santo Domingo) posúe obras do pintor José Ribera e do tallista andaluz Juan de Mesa. A igrexa de Nosa Señora da Vitoria é do XVIII. No mosteiro da Encarnación destaca a súa decoración de azulexos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]