Saltar ao contido

Marinaleda

Modelo:Xeografía políticaMarinaleda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°22′16″N 4°57′29″O / 37.371111111111, -4.9580555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
CapitalMarinaleda Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.577 (2023) Editar o valor en Wikidata (103,08 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie25 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude205 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal41569 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41061 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX451925
Situación de Marinaleda na provincia de Sevilla.

Marinaleda é un municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, España. No ano 2009 contaba con 2724 habitantes, 69 máis ca en 2005.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa extensión superficial é de 25 km² e ten unha densidade de 106,2 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 205 metros e a 108 quilómetros da capital de provincia, Sevilla. Está situada na comarca de Estepa, entre esta e Écija, ao oriente da provincia, na conca do Genil.

A primeira proba de asentamentos humanos en Marinaleda datan de hai 5.000 anos, restos de estruturas de habitación que se encadrarían no Neolítico. Moedas, soterramentos e unha antiga calzada son os vestixios que quedan da presenza romana na zona. Máis tarde, a civilización islámica deixou a súa fonda pegada, podendo contemplarse hoxe en día os restos das Torres de Gallape ou da fortaleza árabe de Alhonoz. Vencellada á actividade agrícola durante toda a Idade Media e os séculos seguintes, o trigo, o orxo e as oliveiras foron os principais cultivos no marco dunha agricultura de secaño.

No século XIX é foco das actuacións dos bandoleiros andaluces. Os censos levados a cabo durante a Segunda República xa amosan unha poboación superior aos 2.000 habitantes. Trala escura época franquista, é en plena Transición cando se empeza a forxar o fondo carácter loitador e de esquerdas da vila que lle confire a súa singularidade actual.

Nas primeiras eleccións municipais tras a ditadura, o Colectivo Unitario de Trabajadores acadou a maioría absoluta. No ano 1980 700 veciños protagonizan unha folga comunitaria de fame para reivindicaren unha nova regulación do antigo Emprego Comunitario, o que encetou unha longa sucesión de actos de protesta ao longo da democracia. A partir de 1985 principian unha serie de ocupacións, máis de 100, no pantano de Cordobillas e o cortijo de Humoso, propiedade do Duque do Infantado, reclamando a propiedade da terra e auga para o rego, ata que en 1991 conseguen as 1200 hectáreas de terra para as poñeren a producir.

Máis tarde, en 1999, empeza a funcionar a primeira industria na vila, coa característica peculiar de que se configura como propiedade colectiva dos propios obreiros.

Goberno local

[editar | editar a fonte]

O municipio de Marinaleda ten unha longa tradición de loita campesiña xornaleira. Está gobernada polo CUT (Colectivo de Unidad de los Trabajadores - Bloque Andaluz de Izquierdas), partido de esquerdas e andalucista, dende 1979. No 1986 a CUT foi unha das organizacións fundadoras de Esquerda Unida, organización política que dende aquel ano goberna o concello.

No 2003 EU tiña 9 concelleiros, e 2 o PSOE, e 0 o PP. Nas eleccións de 2007 EU conseguiu 7 concelleiros (61,87% de votos) e o PSOE 4 (35,13% de votos), o PP (1,25% de votos) non acadou o mínimo para obter ningún concelleiros. Xa nas eleccións locais de 2011 acadaría os 11 concelleiros por 2 do PSOE e ningún o PP.

Modelo socioeconómico

[editar | editar a fonte]

A economía do concello está baseada na cooperativa Cooperativa Humar - Marinaleda S. C. A., nada ao abeiro da ocupación de El Humoso a partir da mobilización social, dedicándose á produción de alcachofas, pementos, leitugas e tomates, así como á explotación dunha cabana ovina. Nela traballan unhas 400 persoas.

O sector secundario está configurado polas industrias de elaboración dos produtos agrícolas, mentres que no terciario Marinaleda conta con servizos pouco frecuentes en municipios da súa poboación, tales coma radio e televisión municipais, servizo de asistencia a domicilio para persoas maiores, gardería infantil, piscina, escolas obradoiros, fogar do pensionista ou un instituto de secundaria.

O salario de todos os traballadores, sen importar cal sexa o seu posto, é de 47 euros por xornada, seis días por semana, a razón de 1.128 euros ao mes por 35 horas semanais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]