Valencina de la Concepción
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Sevilla | |||
Capital | Valencina de la Concepción | |||
Poboación | ||||
Poboación | 8.029 (2023) (321,16 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 25 km² | |||
Altitude | 153 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Antonio Manuel Suarez Sánchez (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 41907 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 41096 | |||
Páxina web | valencinadelaconcepcion.es | |||
Valencina de la Concepción é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.
Xeografía
[editar | editar a fonte]No ano 2005 contaba con 7.431 habitantes. A súa extensión superficial é de 25 km² e ten unha densidade de 297,2 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 25' N, 6º 04' W. Atópase situada a unha altitude de 153 metros e a 8 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.
Localización
[editar | editar a fonte]Salteras | Santiponce | |
Salteras | Camas | |
Espartinas | Gines | Castilleja de Guzmán Castilleja de la Cuesta |
Monumentos
[editar | editar a fonte]Neste municipio atópanse uns dolmens pertencentes ao período calcolítico ou eneolítico en torno ao ano 3000 a.c. Forma parte da arquitectura megalítica, xurdida ao parecer en oriente a finais do V milenio antes de Xesucristo. Un exemplo destes dolmens é o dolmen de La Pastora.
A súa finalidade está moi discutida, autores como Childe atribúena a un culto solar xa que parecen estar orientadas cara aos sostificios e equinocios; outros autores como Almagro prefiren atribuílas a un culto aos mortos, constituíndo así un monumento funerario.
Empregan sempre un sistema alintelado de pedras ciclópeas, ás veces intercaladas con pedras de moito menor tamaño, isto último require dun maior coñecemento construtivo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valencina de la Concepción |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ayuntamiento de Valencina de la Concepción
- Valencina de la Concepción - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía