Saltar ao contido

Umbrete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUmbrete
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°22′12″N 6°09′28″O / 37.37, -6.1577777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
CapitalUmbrete Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.376 (2023) Editar o valor en Wikidata (781,33 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie12 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude121 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJoaquín Fernández Garro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41806 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41094 Editar o valor en Wikidata

Páxina webumbrete.es Editar o valor en Wikidata

Umbrete é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía (España).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

No ano 2005 contaba con 5.797 habitantes. A súa extensión é de 12 km² e ten unha densidade de 483,1 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 22' N, 6º 09' W. Atópase situada a unha altitude de 121 metros e a 15 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

A súa principal actividade económica é o agro, principalmente a oliva, aínda que tamén ten loxicamente peso a construción e o sector servizos.

Aínda que hai quen a remonta a época turdetana, o primeiro testemuño histórico da existencia dun lugar habitado é baixo o reino árabe. Cando o rei castelán Fernando III quería tomar a veciña Sevilla, debeu controlar antes estes territorios, que serían repoboados posteriormente baixo o mandato do seu fillo Afonso X.

En 1261 este monarca dóalle Umbrete ao cabido eclesiástico e ao arcebispo de Sevilla por 3.000 marabedís; a doazón non prospera ata ao ano 1262, cando Umbrete pasa a ser un dominio exclusivo do arcebispado. Os conflitos das zonas fronteirizas obrigan unha nova carta de repoboación en 1313.

A chegada ao arcebispado en 1722 de Luis Salcedo Azcona, quen viña de ser arcebispo de Compostela, produciu importantes mudanzas: Salcedo mandou construír a igrexa da Consolación, e mais reformar o pazo arcebispal, que se converteu na residencia de verán do prelado. Tras a desamortización, o arcebispo perdeu o dominio sobre Umbrete, se ben conservou a titularidade sobre o edificio do pazo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]