Saltar ao contido

Vanua Levu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVanua Levu
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°35′S 179°11′L / -16.58, 179.18
País insularFidxi
DivisiónDivisión Norte Editar o valor en Wikidata
CapitalLabasa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación130.000 Editar o valor en Wikidata (23,27 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie5.587 km² Editar o valor en Wikidata
Medición50 (ancho) × 180 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Nasorolevu (en) Traducir (1.032 m) Editar o valor en Wikidata

Vanua Levu é a segunda illa en tamaño de Fidxi, o nome significa Gran Terra. Situada nas coordenadas 16°36′S 179°12′L / -16.600, -179.200, a 64 km da illa máis grande de Viti Levu. Cunha área de 5.587 km², e unha poboación duns 130.000 habitantes. Posúe unha forma triangular cunha lonxitude máxima de 180 km e unha anchura de 30 a 50 km. Da parte sueste xorde unha península estreita.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Os xeólogos interpretan a formación de Vanua Levu, unha illa volcánica, como unha amálgama de varias illas que se fundiron a través de elevacións en etapas sucesivas. A parte principal da illa ten unha forma máis ou menos triangular, de 30 a 50 quilómetros de largo e 180 quilómetros de longo. Desde o lado sueste deste triángulo, esténdese unha longa península no Mar de Koro. A illa está rodeada de arrecifes de coral, e é agreste e accidentada.

Unha cadea de escarpadas montañas divide a illa en sentido horizontal, formando gran parte da fronteira entre as provincias de Cakaudrove e Macuata. Os picos máis altos son o monte Batini, tamén coñecido como Nasorolevu, cunha altitude de 1.111 metros, e, a 16 quilómetros máis ao nordeste, o Dikeva, tamén coñecido como o Monte Thurston, cunha altitude de 1030 metros. As principais cadeas montañosas de Vanua Levu atópanse preto das costas do sur, de barlovento, facéndoa moito máis húmida ao recibir os montes alisios. O norte de Vanua Levu, en cambio, ten un clima seco oito meses do ano, polo que a cana de azucre, o maior cultivo da illa, prospera alí. Vanua Levu ten unha serie de ríos, incluíndo o Labasa, o Wailevu e o Qawa. Estes tres forman un delta no que se atopa a cidade de Labasa fundada polos traballadores indios. Ningún dos ríos da illa son navegables polos buques grandes.

Demografía e actividades económicas

[editar | editar a fonte]
Transbordador e autobús no porto de Nabouwalu

Os principais centros de poboación da illa son as cidades de Labasa, a maior, no norte, e Savusavu, situado aos pés da península. Labasa, cunha poboación de case 25.000 habitantes no censo de 1996, ten unha gran comunidade india, e é un importante centro da industria azucreira de Fidxi. Savusavu é máis pequeno, cunha poboación de pouco menos de 5.000, pero é un popular centro de turismo, grazas aos seus servizos de barcos e para a práctica do mergullo. A principal industria da illa é a produción de cana de azucre, sobre todo no norte. A copra é tamén un cultivo importante. Por último o turismo estase convertendo nunha industria importante en Vanua Levu.

Política

[editar | editar a fonte]

A efectos administrativos, Vanua Levu está dividido en tres provincias: Bua (no oeste), Macuata (no nordeste), e Cakaudrove (no sueste). Estas tres provincias comprenden tamén a División do Norte de Fidxi. Xunto cas remotas Illas Lau, Vanua Levu e as súas zonas illadas forman a Confederación Tovata, unha das tres alianzas tradicionais de xefes de Fidxi. O Xefe Supremo, que ten a súa sede na illa de Taveuni, ten o título de Tui Cakau. Só existen dous núcleos de poboación, Labasa e Savusavu, incorporáronse como Cidades. Cada unha está gobernada por un alcalde e un Concello, cuxos membros son elixidos por un mandato de tres anos e elixen o alcalde de entre eles mesmos.

O navegante holandés Abel Tasman foi o primeiro europeo coñecido en avistar Vanua Levu, en 1643, foi seguido polo capitán William Bligh en 1789, no camiño a Timor, mentres escapaba do motín do Bounty, no que foran forzados el e a súa tripulación leal a abandonar o barco e botados á deriva nun bote salvavidas. Posteriormente as Duff foron exploradas polo capitán James Wilson en 1797.

Os comerciantes comezaron a explotar o sándalo na área de Bua Bay ao redor de 1805, que fora descuberta polos mariñeiros náufragos da goleta Argo.[1] Pero, en 1815, esgotouse o fornecemento e, a parte da visita ocasional de baleeiros e comerciantes de cogombros de mar, a illa recibiu pouca máis atención ata 1840, cando un mozo mariñeiro coñecido como Jackson desertou en Somosomo na veciña illa de Taveuni, foi adoptado por un Xefe local, e explorou gran parte do leste e o norte de Vanua Levu.

Colonos de Australia e Nova Zelandia estableceron plantacións de cocos na zona de Savusavu na década de 1860. Os matrimonios mixtos cos nativos de Fidxi produciron unha elite mestiza, que tamén prosperou coa venda de copra, dos cales Savusavu era un centro importante, ata que a Gran Depresión da década de 1930 deu lugar a un colapso no prezo da copra. No mesmo período, os indios fundaron a cidade de Labasa, agora un importante centro produtor de azucre.

En 2012, a nación de Kiribati empezou a negociar a compra de 5.000 hectáreas da illa para albergar á súa poboación, que se espera que teña que emigrar cando as súas illas véxanse anegadas polo aumento do nivel do mar.[2]

  1. Dodge, Earnest S. (1976). Islands and Empires: Western Impact on the Pacific and East Asia. Minneapolis: University of Minnesota Press,. pp. 62–63. ISBN 978-0-8166-0853-9. 
  2. Paul Chapman (2012-03-07). "Entire nation of Kiribati to be relocated over rising sea level threat". The Daily Telegraph. Consultado o 2012-03-08. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]