Vea porta
Aparencia
Vea porta | |
---|---|
Vea porta e as súas tributarias | |
Latín | vena cava inferior |
Sitio(s) drenado(s) | Sinusoides hepáticos |
Orixe | Vea esplénica Vea mesentérica superior |
A vea porta ou vea portal hepática é unha vea que transporta o sangue que provén dos órganos dixestivos (bazo e intestino) directamente ao fígado, de onde sairá, xa filtrada, pola vea hepática. Isto vén a significar que o fígado se atopa situado entre dúas veas, no canto de estar entre unha arteria e unha vea como vén a ser normal. Esta disposición especial é rara nos mamíferos, e recibe o nome de sistema portal. Ademais do sistema portal hepático, hai outros no organismo, como o sistema portal hipofisario.
Está formada pola reunión das veas mesentéricas superior e inferior e a vea esplénica.