Vegaøyan
(nn) Vegaøyan | ||||
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vega, Noruega | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2004 (28ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (v) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 2017 | |||
Identificador | 1143 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2017 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
Vegaøyan ou Arquipélago Vega é un grupo de illas no Mar de Noruega correspondentes aproximadamente ao concello de Vega. Desde 2004, é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Este cúmulo de ao redor de 6.500 pequenas illas no condado de Nordland, xusto ao sur do círculo polar ártico, rodea a principal illa Vega e está habitada desde a Idade de Pedra. Outras illas do grupo inclúen Igerøya, Ylvingen e Søla.
Descrición
[editar | editar a fonte]As illas testemuñan un estilo de vida frugal distintivo baseado na pesca e a colleita do penuxe do pato eider nun ambiente inhóspito. Hai vilas mariñeiras, peiraos, casas de eider (construídas para que aniñen os patos eider), terras de cultivo e faros. Hai evidencias de asentamento humano a partir da Idade de Pedra en diante. No século IX, as illas convertéronse nun importante centro para o abastecemento de penuxe, que parece ter representado ao redor dun terzo dos ingresos das illas.
O arquipélago de Vega reflicte o xeito no que as xeracións de pescadores/labregos mantiveron, durante os últimos 1500 anos, unha vida sostible nunha paisaxe mariña inhóspita preto do círculo polar ártico, baseada na práctica agora única de coller penuxe de eider e tamén celebra a contribución feita polas mulleres a producir edredóns.[1]
O acceso ao arquipélago faise en transbordador ou barco rápido desde a cidade de Brønnøysund no municipio de Brønnøy, á que se pode acceder por avión ou por estrada.
Área importante de aves
[editar | editar a fonte]O arquipélago identificouse como Área importante de aves por BirdLife International porque soporta poboacións de ganso bravo e ganso sangano, eider común, movella grande, corvo mariño grande, corvo mariño cristado, pigargos, Pilro escuro e arao de á branca.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "Vegaøyan -- The Vega Archipelago". UNESCO. Consultado o 2011-11-10.
- ↑ "Vega archipelago". Important Bird Areas factsheet. BirdLife International. 2013. Consultado o 2013-08-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vegaøyan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Breve descrición de Vegaøyan pola UNESCO
- Sitio web oficial Arquivado 09 de decembro de 2013 en Wayback Machine.