Viño de Bosnia e Hercegovina
O viño de Bosnia e Hercegovina é o viño producido en Bosnia e Hercegovina. Este país é membro da Organización Internacional da Viña e do Viño desde o 12 de novembro de 2010[1].
Orixe
[editar | editar a fonte]Segundo determinou nunha investigación do xeógrafo francés Henri Enjalbert, as viñas cultivadas ao sur da Dalmacia parece ser o último refuxio da vide europea trala idade do xeo[Cómpre referencia], canda as de Albania e as illas Xónicas.
Viña actual
[editar | editar a fonte]As viñas de Bosnia e Hercegovina foron severamente afectadas pola guerra de Bosnia (1992-1995), especialmente as concentradas na rexión de Mostar. Ao longo do val do Neretva, pequenas e grandes viñas foron plantadas en solo pedregoso que reflicte a luz solar. Algunhas das súas variedades indíxenas como a Zilavka e a Blatina son elementos fundamentais do patrimonio vitícola en todo o mundo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Viñas na estrada cara a Dubrovnik.
-
Viño de Bosnia e Hercegovina.
-
Viñas preto de Mostar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "sur le site de l'OIV". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2014. Consultado o 01 de xuño de 2014.