Viaduto do Eixo
Viaduto do Eixo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | viaduto dunha liña ferroviaria de alta velocidade e ponte en arco ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | A Estrada ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O viaduto do Eixo, tamén chamado viaduto do Ulla e novo viaduto de Gundián, é unha das grandes pontes que salvan o curso do río Ulla.
É unha estrutura singular rematada no ano 2008 de máis de 1 km de lonxitude, na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia no tramo entre Ourense e Santiago de Compostela, que formará parte da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia.[1]
É unha obra que está considerada de interese arquitectónico en España.
Características
[editar | editar a fonte]
O viaduto do río Ulla ten unha lonxitude de 630 m e apóiase sobre nove piares directamente sobre o terreo, cunha altura máxima de 116,9 m, e sobre outros cinco piares que descansan sobre un arco de 168 m de luz que salva o río.
O arco central ten unha altura de 104,4 m e construíuse empregando dous carros de avance en beiril, un para cada semiarco, o que marca a auténtica dificultade do proxecto construtivo desta obra civil.
Cada un dos semiarcos componse dun tramo de arranque que ten unha lonxitude de 10,2 m e de 26 doelas de cinco metros. Ambos os dous semiarcos únense mediante a correspondente doela de clave.[2]
Construción
[editar | editar a fonte]
O ministerio de Fomento, a través da entidade Adif, comezou a execución do arco central do viaduto do Ulla, unha das construcións incluídas no subtramo Silleda (Dornelas)-Vedra-Boqueixón, do eixe Ourense-Santiago de Compostela do Corredor norte-noroeste de alta velocidade, que forma parte da L.A.V. Olmedo - Zamora - Galicia.
O sistema construtivo utilizado para o arco central deste viaduto responde á política de Adif de "máximo respecto do medio", xa que as inmediacións do viaduto foron catalogadas como zona especial de conservación (ZEC) coa denominación de "sistema fluvial Ulla-Deza".
As especiais características do ámbito e as necesidades de conservación levaron a adoptar diversas medidas que eviten os arrastres de terras procedentes das escavacións das cimentacións.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Construcción del viaducto de O Eixo Vídeo de Adif.
- ↑ 2,0 2,1 Fomento comeza a execución do arco central do Viaduto do Ulla no eixo Ourense-Santiago de Alta Velocidad Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Qué!, 12 de maio de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Construción do viaduto do Eixo Vídeo de Adif.