Saltar ao contido

Sistema fluvial Ulla - Deza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSistema fluvial Ulla - Deza
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
Zonas de especial protección dos valores naturais Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAmes, España, Boqueixón, España, Brión, España, Catoira, España, Dodro, España, A Estrada, España, Padrón, España, Pontecesures, España, Rianxo, España, Rois, España, Silleda, España, Teo, España, Touro, España, Valga, España, Vedra, España e Vila de Cruces, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°46′N 8°30′O / 42.76, -8.5
Características
Superficie1.641,38679 ha Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349399 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2004 Editar o valor en Wikidata

O Sistema fluvial Ulla - Deza é un espazo natural galego declarado como Zona especial de conservación (ZEC) e que ampara ao río e ribeiras do río Ulla, o treito final do seu afluente o Deza, as ribeiras doutros afluentes menores, e o seu esteiro na ría de Arousa. Este espazo percorre fundamentalmente a raia das provincias da Coruña e Pontevedra. Este espazo está repartido entre os municipios coruñeses de Ames, Boqueixón, Brión, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro e Vedra, e os municipios pontevedreses de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces. A área que protexe é de 1.633 ha. e é principalmente a de ribeiras do Ulla e Deza, sendo só o 16% desta a superficie do esteiro na ría de Arousa.[1][2][3][4][5]

Destaca pola ictiofauna dos seus ríos[5], e é ten de feito importantes puntos de pesca tradicional.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

As especies da flora de interese comunitario para a súa conservación deste espazo natural son[4][6]:

Especie
Narcissus cyclamineus

As especies da fauna de interese comunitario para a súa conservación deste espazo natural son[4][6]:

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Coenagrion mercuriale
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Macromia splendens
Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Invertebrados Oxygastra curtisii'
Peixe Alosa alosa
Peixe Chondrostoma polylepis
Peixe Petromyzon marinus
Peixe Rutilus arcasii
Peixe Salmo salar
Anfibio Chioglossa lusitanica
Anfibio Discoglossus galganoi
Réptil Lacerta schreiberi
Mamífero Galemys pyrenaicus
Mamífero Lutra lutra
Mamífero Myotis bechsteinii
Mamífero Myotis emarginatus
Mamífero Myotis myotis
Mamífero Rhinolophus ferrumequinum
Mamífero Rhinolophus hipposideros

Lexislación

[editar | editar a fonte]

O Sistema fluvial Ulla-Deza foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4]

  1. BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Complexo Ons-O Grove". Consultado o 02/04/2020. 
  5. 5,0 5,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140001 Sistema fluvial Ulla - Deza". Arquivado dende o orixinal o 20/07/2020. Consultado o 02/04/2020. 
  6. 6,0 6,1 Especies na lista do Anexo II sobre dos animais e vexetais de interese comunitario cuxa conservación é necesaria para designación de zonas especiais de conservación da DIRECTIVA 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre.