Saltar ao contido

Vicente Guaita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Guaita

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Vicent Guaita Panadero Editar o valor en Wikidata
10 de xaneiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Torrent, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo31 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2005-2008 Valencia Club de Fútbol Mestalla
2008-2014 Valencia CF 76(0)
2009-2010cesión Recreativo de Huelva 30(0)
2014-2017 Getafe CF
2018-2023 Crystal Palace F.C.
2023- Celta de Vigo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm11264649 Editar o valor en Wikidata

Vicente Guaita Panadero, nado en Torrent (Valencia, España) o 10 de xaneiro de 1987, coñecido simplemente como Guaita, é un futbolista español que xoga na posición de porteiro e milita no R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.

O seu debut en Primeira División chegou o 18 de xaneiro de 2009 co Valencia C. F. perante o Athletic Club no Estadio de San Mamés, con resultado de 3-2. Mais non foi ata o 24 de novembro de 2010 que debutou como porteiro titular do equipo, no Estadio de Mestalla, contra o Bursaspor na liga de Campións da UEFA cun resultado de 6-1.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Valencia Mestalla

[editar | editar a fonte]

Formado na escola do Valencia Mestalla, o filial do equipo che, debutou en Primeira división co primeiro equipo, ao substituír ao seu compañeiro e porteiro titular Renan Brito, que se lesionou ante o Athletic Club no Estadio de San Mamés. Dito debut foi agre xa que o Valencia perdeu 3-2 fronte ao equipo branquivermello.

Recreativo de Huelva

[editar | editar a fonte]

O 10 de xullo de 2009 fíxose oficial que o xogador marchaba ao Recreativo de Huelva de Segunda División, en calidade de cedido ata o 30 de xuño de 2010. Ao final da tempada no conxunto andaluz, logrou o Trofeo Zamora ao mellor arqueiro de Segunda División ao recibir unicamente 25 goles en 31 partidos disputados.

Valencia CF

[editar | editar a fonte]

Volveu ao Valencia C. F., tras finalizar o prazo da súa cesión no Recreativo de Huelva, para disputar a tempada 2010-11 como «Ché» converténdose no terceiro porteiro do equipo.

O seu debut como porteiro titular prodúcese no Estadio de Mestalla, en competición de Liga de Campións da UEFA, o 24 de novembro de 2010 contra o Bursaspor. O partido finalizou cun resultado de 6 goles a 1 a favor do equipo valencianista.

O 4 de decembro de 2010 volveu xogar na liga, contra o Real Madrid, nun partido que acabou 2-0 a favor dos merengues. Días despois, o 7 de decembro, foi titular en Old Trafford fronte ao Manchester United no último partido correspondente á fase de grupos da liga de Campións da UEFA, quedando en 1-1 o marcador, pero tendo unha destacada actuación.5 Desde o partido no Santiago Bernabéu xogou todos os partidos deixando grandes paradas, aínda que durante o partido máis importante da tempada, Schalke 04 vs Valencia C. F., non estivo acertado no segundo gol do equipo xermano. Aínda así asinou unha gran tempada, obtendo a titularidade por diante dos outros gardametas do equipo valencianista.

Foi considerado como o porteiro revelación da tempada na liga española polas súas grandes actuacións.

O 19 de maio de 2011, na Casa da Cultura do seu pobo, Torrent, facíase oficial a súa renovación por tres tempadas máis, ata xuño de 2015.​ Ese mesmo día, anunciábase a fichaxe no Valencia do seu rival para disputar a titularidade da portería do Valencia, Diego Alves.​ Coa fichaxe e renovación de ambos, o Valencia asegurábase o futuro da súa portería con dúas dos mellores porteiros da liga.

Durante as seguintes tempadas, alternou a titularidade con Diego Alves, e ningún consolidouse como o porteiro fixo do equipo.

Xetafe C. F.

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2014 fichou polo Xetafe C. F.​ O seu debut produciuse no primeiro partido fronte ao R. C. Celta de Vigo nunha derrota 3-1 a domicilio. Na súa primeira tempada no conxunto azulón, conseguiu a permanencia a falta dunha xornada para a conclusión do campionato, sendo ademais o porteiro titular no equipo, practicamente toda a campaña, xogando un total de 29 partidos e encaixando 44 goles. Na súa segunda tempada xogou todos os partidos de Liga, encaixando 67 goles, e non podendo evitar o primeiro descenso de categoría do equipo azulón.

Durante a tempada 2016-17 o Xetafe regresou a Primeira; pero Guaita non tivo tanto protagonismo, debido ás lesións, aínda que durante o tramo final da tempada foi clave para o ascenso do conxunto azulón.

Crystal Palace F. C.

[editar | editar a fonte]

O 2 de febreiro de 2018 o adestrador do Crystal Palace, Roy Hodgson, confirmou que Guaita accedera a unirse ao club o 1 de xullo nunha transferencia gratis tras a terminación do seu contrato co Xetafe.

Real Club Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]

O 1 de setembro de 2023 regresou a España despois de fichar polo R. C. Celta de Vigo.​ Debutou o 21 de outubro, tras a expulsión do seu compañeiro Iván Villar, fronte o Atlético de Madrid nun partido que acabaron perdendo 0 a 3.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
Trofeo Zamora (Segunda División) 2010

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]