Vicente Peña Tarrasa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Palma, España |
Morte | 5 de marzo de 1949 (44/45 anos) Paramos, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Pedro Borrás |
Actividade | |
Ocupación | maquis, militar |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Vicente Peña Tarrasa, coñecido como Pedro Borrás, nado en Palma en 1904 e finado en Val do Dubra o 5 de marzo de 1949, foi un militar e guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Suboficial da Mariña en Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fiel á República, estivo a piques de ser fusilado e foi obrigado a loitar no bando sublevado. A principios dos anos corenta organizou células clandestinas nos cuarteis Dolores de Infantaría de Mariña en Ferrol e grupos da Unión Nacional (UNE) e o PCE.
En 1946 pasou á guerrilla onde foi un dos oficiais militares do destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Tamén asumiu a formación teórica a través do periódico Senda Guerrillera. O grupo que comandaba foi o autor do incendio da casa do concello de Moeche o 17 de agosto de 1948. O 8 de setembro de 1948 a Garda Civil de Ortigueira cercou unha casa de Ambosores na que se refuxiaba Vicente Peña con Leonardo Gómez Pérez e outros tres guerrilleiros; no tiroteo mataron o propietario Jesús López Bouza e o seu criado José Durán Souto, logrando fuxir os guerrilleiros. O xulgado militar da Coruña publicou unha requisitoria contra el e Jesús Valeiro Gómez en novembro de 1948 como encartados nas causas 457/48, 458/48 e 482/48 por atraco a man armada.[1] Refuxiados nunha casa de Zas (Negreira), foron descubertos pola Garda Civil, fuxiron e foron abatidos en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949. Morreron José María Castelo Mosquera e Manuel Pena Camino, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de la Luz Díaz Rascado.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Ideal Gallego, 4-11-1948, p. 4.
- ↑ Cilia Torna (13 de marzo de 2019). "As mártires de Paramos". Nós Diario.
- ↑ El Ideal Gallego, 19-12-1950, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 128. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 342–347. ISBN 978-84-1176-172-7.