Saltar ao contido

Vicente Riestra Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Riestra Calderón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1885 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1967 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Riestra López Editar o valor en Wikidata
IrmánsRaimundo Riestra Calderón Editar o valor en Wikidata


Vicente Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1885 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1967,[1] foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Riestra López, I marqués de Riestra, deputado e senador, e da súa segunda muller María Calderón Ozores, e irmán do tamén deputado Raimundo Riestra Calderón. Enxeñeiro industrial. Foi elixido deputado do Congreso dos Deputados de España polo distrito da Estrada durante as cinco últimas lexislaturas da Restauración (1916-1923). No franquismo foi Subsecretario de Presidencia do Goberno e conselleiro do Banco de España. Militou na Orde Terceira Franciscana e Acción Católica.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou o 29 de setembro de 1910 con Isidora Peinador Estévez, filla de Ramón Peinador Vela, propietario do Balneario de Mondariz,[2] e foi pai de María del Carmen, Ramón, José María, Isidora, Santiago, Jorge, Beatriz e Milagros Riestra Peinador.

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 5-10-1967, p. 11.
  2. La Correspondencia Gallega, 30-9-1910, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]