Saltar ao contido

Vicente de la Mata (1944)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente de la Mata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1944 Editar o valor en Wikidata
Rosario, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Rosario, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1961–1970   CA Independiente 97(8)
1970–1971 Club Necaxa
1971–1976 Tiburones Rojos
1976–1977 Club Deportivo O'Higgins 21(1)
1976–1977 Quilmes Atlético Club
1978–1979 Club Atlético Argentino de Quilmes
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1965–1966   Arxentina 6(0)
Familia
PaiVicente de la Mata Editar o valor en Wikidata

FIFA: 48302 Editar o valor en Wikidata

Vicente de la Mata, nado en Rosario o 2 de xullo de 1944 e finado o 21 de novembro de 2024,[1] foi un futbolista arxentino. Xogou a maior parte da súa carreira en Independiente e foi internacional coa selección arxentina, ao igual que o seu pai Vicente de la Mata.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Rosario, sendo fillo do histórico futbolista do Club Atlético Independiente, Vicente de la Mata e da súa muller, María Alida.[2] Tiña ascendencia galega pois os seus avós paternos eran emigrantes galegos.[3]

Xogou nas categorías inferiores de Independiente ata subir ao primeiro equipo en 1961. Gañou tres títulos de Primeira División Arxentina en nove tempadas con Independiente. Tamén axudou a Independiente a gañar a Copa Libertadores dúas veces.

En 1970 saíu ao estranxeiro para xogar no Club Necaxa da Primeira División de México.[4] Xogou alí unha tempada fichando logo polo Deportivo Veracruz, onde militou durante cinco campañas. Cara ao final da súa carreira pasou por Chile, volvendo logo á Arxentina onde xogou unha derradeira tempada na Primeira B Metropolitana con Argentino de Quilmes.

Foi seis veces internacional coa selección arxentina, coa que disputou a fase de clasificación para o Mundial de 1966.

  1. Dolor en el fútbol argentino: murió Vicente De La Mata, emblema de Independiente y campeón de la Copa Libertadores (in Spanish)
  2. Estévez, Martín (28 de setembro de 2014). "De la Mata: mil gambetas y un golazo". El Gráfico (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2021. 
  3. Aira, Carlos (12 xaneiro de 2018). "¿A dónde va la gente? ¡A ver a Don Vicente!" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  4. "Recuerdos del Ayer" (en castelán). 1 de xuño de 2011. Consultado o 18 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]