Viciebsk
Віцебск (be) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Belarús | |||
Regiões da Bielorrússia (pt) | Voblast de Viciebsk (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 358.395 (2024) (2.877,75 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 124,54 km² | |||
Bañado por | Río Dviná Occidental | |||
Altitude | 164 m-172 m-144 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 974 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Q115715792 (2021–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 210000–210999 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 212 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Rēzekne Bălţi (pt) Nienburg/Weser Harbin Frankfurt (Oder) (1991–) Daugavpils (1998–) Zielona Góra (pt) (2002–) Jinan (2009–) | |||
Sitio web | vitebsk.gov.by | |||
Viciebsk (en belaruso: Ві́цебск, en łacinka: Viciebsk, pronunciado [ˈvʲitsʲepsk]; en ruso: Ви́тебск, pronunciado [ˈvʲitʲɪpsk]; en polaco: Witebsk; en yiddish: וויטעבסק), é unha cidade de Belarús. É a capital da Rexión de Viciebsk, en 2004 tiña 342 381 habitantes, facéndoa a cuarta cidade máis populosa do país. Está comunicada mediante o Aeroporto de Viciebsk Vostochny e a Base aérea de Viciebsk.
Historia
[editar | editar a fonte]Afiliacións históricas
[editar | editar a fonte]Ao longo dos séculos, Viciebsk formou parte de diversos estados:
- Rus de Kíiv (975-987)
- Principado de Polotsk (987-1101)
- Principado de Viciebsk (1101-1320)
- Gran Ducado de Lituania (1320-1569)
- República das Dúas Nacións (1569-1772)
- Imperio Ruso (1772-1917)
- República Popular de Belarús (1918-1919)
- República Socialista Soviética de Belarús (1919)
- República Soviética Federativa Socialista de Rusia (1919-1922)
- Unión Soviética (1922-1991)
- Belarús (desde 1991)
Desde a independencia de Belarús
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1991, Viciebsk celebrou o primeiro Festival Marc Chagall e en xuño do ano seguinte construíuse un monumento ao pintor na súa rúa natal de Pokrovskaja, amais púxose unha inscición en memoria no muro da súa casa.
Dende 1992, Viciebsk foi fogar do anual Slavianski Bazaar, un festival de arte internacional. Os principais artistas son de Rusia, Belarús e Ucraína, con invitados doutros países, eslavos e non eslavos. Para este festival construíuse o Anfiteatro de Verán.
En 1999, estableceuse a zona de libre comercio "Vitebsk". Dende entón a cidade construíu un Pazo dos deportes de xeo, adeamis de reconstruír o estadio central, a estación de trens e outros lugares históricos, ademais de edificar novas igrexas.
Atraccións turísticas
[editar | editar a fonte]A cidade conservou durante moito tempo un dos edificios máis vellos do país, a Igrexa da Anunciación, edificio que se remonta ao período do Rus de Kíiv. Foi construído sobre o 1140, e recontruído nos séculos XIV e XVII, reparado en 1883 e destruído polo goberno comunista no 1961. Só se conservaban restos ata 1992, cando foi reconstruída a versión orixinal.
Tamén foron destruídas igrexas do perído polaco-lituano, aínda que a Igrexa da Resurrección (1772-77) foi reconstruída. A catedral Ortodoxa, adicada á Mediación do Theotokos, erixiuse en 1760.
Outras atraccións son o concello (1775); o pazo do gobernador ruso, onde Napoleón celebrou o seu 43º aniversario en 1812; a catedral católica neo-románica (1884-85); e un obelisco que conmemora o centenario da vitoria rusa sobre Napoleón.
Viciebsk é tamén a sede do Museo Marc Chagall e do Museo rexional de Viciebsk.
Educación
[editar | editar a fonte]As principais universidades de Viciebsk son a Universidade Estatal de Tecnoloxía de Viciebsk, a Universidade Estatal de Saúde de Viciebsk e a Universidade Estatal Pyotr Masherov.
Clima
[editar | editar a fonte]Datos climáticos para Viciebsk, Belarús | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | −2,9 | −2,6 | 2,9 | 11,6 | 18,5 | 21,4 | 23,5 | 22,2 | 16,2 | 9,5 | 2,3 | −2,0 | 10,1 |
Media mínima en °C | −7,7 | −8,5 | −3,9 | 2,5 | 7,9 | 11,6 | 13,6 | 12,3 | 7,7 | 3,3 | −1,9 | −6,5 | 2,1 |
Precipitación media mm | 38 | 31 | 36 | 40 | 56 | 77 | 95 | 78 | 65 | 52 | 53 | 44 | 665 |
Nevada media cm | 15 | 19 | 14 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 9 | 59 |
Media de días con chuvia | 8 | 6 | 9 | 13 | 16 | 17 | 17 | 14 | 16 | 17 | 14 | 10 | 161 |
Media de días con neve | 17 | 16 | 10 | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 9 | 15 | 71 |
Humidade relativa media (%) | 85 | 81 | 76 | 67 | 66 | 72 | 73 | 75 | 80 | 83 | 87 | 87 | 77,7 |
Fonte: [1] |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casco antigo de Viciebsk
-
Igrexa de Santa Bárbara
-
Igrexa Católica Trinitariana
-
Casa do concello de Viciebsk
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Weatherbase". Weatherbase. Consultado o December 10, 2012.