Victoria de Durango
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Durango.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Estado de Durango | ||||
Concello | Durango | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 654.876 (2015) (5.549,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 118 km² | ||||
Altitude | 1.880 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Francisco de Ibarra (pt) | ||||
Creación | 1563 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 34000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 618 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | municipiodurango.gob.mx |
Durango, oficialmente chamada Victoria de Durango e tamén coñecida como Cidade de Durango, é unha cidade de México, capital do estado de Durango. Atópase no norte da República Mexicana, no Val do Guadiana, situado no centro do estado. No ano 2020, tiña 616.068 habitantes.
Durango é a cidade máis poboada do estado homónimo. Foi fundada o 8 de xullo de 1563 por Francisco de Ibarra co nome de Villa de Durango, pola localidade vasca de Durango.
Forma parte do conxunto de cidades e poboacións do "Camiño Real de Tierra Adentro", declarado patrimonio cultural da humanidade pola UNESCO no 2010.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Centro del Patrimonio Mundial -". UNESCO World Heritage Centre (en castelán). Consultado o 2023-02-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 19 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)