Vigairía apostólica católica latina de Anatolia
Vicariatus Apostolicus Anatoliensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.500.000 (1970) | ||||
Lingua usada | lingua turca | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 13 de marzo de 1845 | ||||
Catedral | Cathedral of the Annunciation, İskenderun (en) | ||||
Sitio web | anadolukatolikkilisesi.org |
A vigairía apostólica de Anatolia (en latín: Vicariatus Apostolicus Anatoliensis) é unha sé da Igrexa católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2004 contaba con 4.550 bautizados. A sé estivo vacante dende o asasinado do seu vigairo en 2010 até o nomeamento dun novo vigairo en 2015, Paolo Bizzeti.
Territorio
[editar | editar a fonte]A vigairía apostólica ten xurisdición sobre a parte centro-oriental da rexión de Anatolia. A sé do vigairo é a cidade de Alexandreta, onde está a catedral da Anunciación. En Mersin está unha concatedral, dedicada a san Antonio de Padua. O territorio está ividido en 8 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O 13 de marzo de 1845 foi erixida a prefectura apostólica de Trebisonda, en territorios da vigairía apostólica de Constantinopla. O territorio foi confiado ao coidado dos freires capuchinos, e comprendía a zona da costa do Mar Negro, na Anatolia central-oriental. Porén, o 12 de setembro de 1896 a prefectura apostólica foi suprimida, e o seu territorio incorporado novamente á vigairía de Constantinopla.
O 20 de xuño de 1931 co breve Quae ad christiani de Pío XI as dúas circunscricións foron novamente separadas, e nesta ocasión foi creada a misión sui iuris de Trebisonda, inmediatamente suxeita a Propaganda Fide, e que abranguía aproximadamente o mesmo territorio da prefectura apostólica precedente.
O 30 de novembro de 1990, co decreto Quo melius da Congregación para as Igrexas Orientais, a misión sui iuris foi elevada a vigairía apostólica, incorporando a parte centro-meridional de Anatolia e tomando o seu nome actual. A sé do vigairo foi até o 29 de xuño de 2000 a cidade de Mersin, transferida entón a Alexandreta.
O 3 de xuño de 2010 o vigairo apostólico Luigi Padovese foi asasinado polo seu condutor.[1]
Lista de vigairos
[editar | editar a fonte]En 1845 foi erixida a vigairía orixinal, sendo os seus ordinarios os seguintes:
- Damiano da Viareggio (1845 - 1852)
- Filippo Maria da Bologna (1852 - 1881)
- Eugenio da Modica (1881 - 12 de setembro de 1896)
En 1896 a sé foi suprimida, mais en 1931 foi restabelecida, sendo dende entón os seus ordinarios os seguintes:
- Michele da Capodistria (1931 - 1933)
- Giovanni da Fivizzano (9 de marzo de 1933 - 1955)
- Prospero Germini da Ospitaletto (1955 - 1961)
- Michele Salardi da Novellara (1961 - 1966)
- Giuseppe Germano Bernardini (19 de decembro de 1966 - 22 de xaneiro de 1983, nomeado arcebispo de Esmirna)
- Ruggero Franceschini (2 de xullo de 1993 - 11 de outubro de 2004, nomeado arcebispo de Esmirna)
- Luigi Padovese (11 de outubro de 2004 - 3 de xuño de 2010, asasinado)
- Administrador apostólico Ruggero Franceschini (3 de xuño de 2010 - 14 de agosto de 2015)
- Paolo Bizzeti (14 de agosto de 2015 - actualidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nova en L'Osservatore Romano.