Saltar ao contido

Viking (motores foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Viking 5»)
Un motor Viking 5C en exposición.

Viking foi unha serie de motores foguete usados nos lanzadores Ariane 1, Ariane 2, Ariane 3 e Ariane 4.[1][2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Os motores Viking foron desenvolvidos pola Société Européenne de Propulsion para o seu uso nas diferentes etapas dos foguetes da familia Ariane 1 a 4. Todos usaban tetróxido de nitróxeno e UDMH como propelentes.[1][2][3][4][5]

Usado na primeira etapa dos foguetes Ariane 1, tiña un impulso de 693 kN e unha masa de 776 kg baleiro. Síguese usando na India, construído baixo licenza co nome de Vikas e formando parte dos lanzadores GSLV.[1]

Viking 2B

[editar | editar a fonte]

Usado nos foguetes Ariane 2 e 3, era unha versión mellorada do Viking cun pulo de 720 kN e a mesma masa. Voou por primeira vez en 1984[2]

Usado na segunda etapa dos Ariane 1. Tiña un pulo de 721 kN e 850 kg de masa. Voou por primeira vez en 1979.[3]

Viking 4B

[editar | editar a fonte]

Versión mellorada do Viking 4B usado como segunda etapa dos Ariane 4. Tiña un pulo de 805 kN e 850 kg de masa. Voou por primeira vez en 1984.[4]

Viking 5C

[editar | editar a fonte]

Usado nos Ariane 4, cun pulo de 752 kN e 776 kg de masa. Voou por primeira vez en 1988.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Viking 2" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2022). "Viking 2B" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Mark Wade (2022). "Viking 4" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2022). "Viking 4B" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2022). "Viking 5C" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]