Villa Guerrero
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | México | |||
Estado federado | Estado de México | |||
Capital | Villa Guerrero (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 67.929 (2015) (253,66 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 267,8 km² | |||
Altitude | 2.205 m | |||
Sitio web | lerma.gob.mx |
Villa Guerrero é un concello ao sur do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Zinacantepec, Toluca, Calimaya, Tenango del Valle, Tenancingo, Zumpahuacán, Ixtapan de la Sal e Coatepec Harinas.[1] Ademais, na zona norte comparte territorio coa reserva federal do Nevado de Toluca.[2] A súa área é de 209,95 km²,[1] e segundo o censo de poboación de 2015 ten unha poboación total de 67 929 habitantes.[3]
A cabeceira municipal é Villa Guerrero.[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]Villa Guerrero foi coñecida como Tecualoyan até o 20 de abril de 1867, cando se levou a cabo o cambio de nome mentres o coronel Germán Contreras exercía como gobernador interino do Estado de México. Este acto foi concibido “en homenaxe aos valiosos servizos que os seus habitantes prestaron ao país durante a Guerra da Reforma”. A palabra Tecualoyan (de náhuatl Tecualo «morde ou come algo»─ e Yan «lugar»), segundo a interpretación máis aceptada significa «Lugar onde hai bestas devoradoras», con todo, algúns investigadores danlle outro significado: "Lugar onde se come" ou "Lugar onde hai xente feroz e valente". O glifo representativo do lugar mostra un xaguar ou ocelote e unha figura co medio corpo humano nas súas mandíbulas, o que fai parecer que un home está sendo devorado por un animal.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Monografía municipal de Villa Guerrero Arquivado 2 de decembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ "Municipio: Villa Guerrero". Cédulas de Información Municipal. SEDESOL. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2016.
- ↑ "Municipio de Villa Guerrero". SEDESOL. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2016.
- ↑ Guadarrama González, Rodolfo. "Villa Guerrero". Enciclopedia de Los Municipios y Delegaciones de México. Ayuntamiento de Villa Guerrero. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villa Guerrero |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |