No ano 2002Rhino Records remasterizou o álbum, enchendo o disco con demos e engadindo outro extra con temas ao vivo e unha entrevista de radio para unha edición especial polo seu 20 aniversario, con textos no libreto escritos por Michael Azerrad.
Trátase do traballo máis exitoso de Violent Femmes ata a data, chegando a ser disco de ouro catro anos despois de seu lanzamento, e platino catro anos despois, sen que entrase na lista Billboard 200. Despois de recibir a certificación de platino o 1 de febreiro de 1991, o álbum entrou por vez primeira na lista da Billboard o 3 de agosto dese ano.[3] Dende que Nielsen Music comezou a rastrear electronicamente as vendas en 1991 o álbum vendeu 1,8 millóns de copias.
Slant Magazine listouno no número 21 da súa lista dos 100 mellores álbums dos 80.[4] En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 7 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[5]