Virginia Mayo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Virginia Clara Jones 30 de novembro de 1920 St. Louis, Estados Unidos de América |
Morte | 17 de xaneiro de 2005 (84 anos) Thousand Oaks, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Valley Oaks Memorial Park (en) |
Educación | Soldan International Studies High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro |
Período de actividade | 1939 - |
Empregador | Warner Bros. |
Partido político | Partido Republicano |
Familia | |
Cónxuxe | Michael O'Shea (–1973) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | virginiamayo.com |
|
Virginia Clara Jones, nada en St. Louis (Missouri) o 30 de novembro de 1920 e finada nos Ánxeles o 17 de xaneiro de 2005, foi unha actriz e bailarina estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Virginia Mayo naceu en Missouri. Filla de Luke, xornalista, e a súa esposa, Martha Henrietta (de solteira Rautenstrauch) Jones. A súa familia tiña raíces nos primeiros anos da cidade de St. Louis, incluído o seu antepasado o capitán James Piggott, que fundou East St. Louis, Illinois, en 1797.[1] De pequena, Mayo xa demostrou interese polo mundo do espectáculo. A súa tía rexentaba unha escola de danza e Mayo comezou a tomar clases aos seis anos. Unha vez que rematou a escola en 1937 converteuse en intérprete da Ópera de St. Louis.
Nunha actuación que realizou en Broadway viuna un axente da Metro Goldwyn Mayer e Samuel Goldwyn asinou un contrato con ela. Non obstante, cando un dos directores do estudio realizou probas de filmación, manifestou que Mayo non era unha actriz axeitada para o cinema. Goldwyn si creu nela, sobre todo nos seus dotes de interpretación, e deulle un pequeno papel en Jack London (1943, Alfred Santell).[2] O mesmo ano participou noutro filme, e os produtores déronse de conta do seu atractivo físico, que xustificaba papeis máis importantes. Así, en 1944 xa tivo un papel protagonista, en The Princess and the Pirate (David Butler), comedia musical en que compartía cartel con Bob Hope.[3]
Nos anos seguintes, Mayo interveu en filmes con compañeiros de elenco como Danny Kaye,[4] Dana Andrews, James Cagney, Burt Lancaster ou Gregory Peck, e a súa popularidade foi crecendo con cada filme en que interveu (Os mellores anos da nosa vida, The Secret Life of Walter Mitty, White Heat, O falcón e a frecha).[5]
Trabalou intensamente ata finais da década de 1950, época a partir da que fixo menos filmes, oito en vinte anos. Afeita a aparecer atractiva na pantalla, Mayo quixo escoller ben os papeis en que interviña cando acadou unha determinada idade.
Faleceu aos 84 anos tras unha longa pneumonía que acabou nun paro cardíaco, nunha residencia dos Ánxeles.[6] Está enterrada xunto co seu marido en Pierce Brothers Valley Oaks Park en Westlake Village, California.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mayo casou co actor Michael O'Shea en 1947, e permaneceron casados ata a morte del en 1973. A parella tivo unha filla, Mary Catherine O'Shea (nada en 1953).[6]
Nos últimos anos desenvolveu unha paixón pola pintura e tamén ocupou o seu tempo cos seus tres netos.[8] Converteuse ao catolicismo inspirada polo arcebispo Fulton J. Sheen.[9] Era republicana e apoiou a Richard Nixon en 1968 e 1972, e o seu amigo Ronald Reagan en 1980.[10]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Follies Girl (1943) como Chorine (sen acreditar)
- Jack London (1943) como Mamie
- Up in Arms (1944) como Nurse Joanna (sen acreditar)
- Seven Days Ashore (1944) como Carol Dean
- The Princess and the Pirate (1944) como Princess Margaret
- Wonder Man (1945) como Ellen Shanley
- The Kid from Brooklyn (1946) como Polly Pringle
- Os mellores anos da nosa vida (1946) como Marie Derry
- Out of the Blue (1947) como Deborah Tyler
- The Secret Life of Walter Mitty (1947) como Rosalind van Hoorn
- Smart Girls Don't Talk (1948) como Linda Vickers
- A Song Is Born (1948) como Honey Swanson
- Flaxy Martin (1949) como Flaxy Martin
- Colorado Territory (1949) como Colorado Carson
- The Girl from Jones Beach (1949) como Ruth Wilson
- White Heat (1949) como Verna Jarrett
- Red Light (1949) como Carla North
- Always Leave Them Laughing (1949) como Nancy Eagen
- Backfire (1950) como Nurse Julie Benson
- O falcón e a frecha (1950) como Anne de Hesse
- The West Point Story (1950) como Eve Dillon
- Capitán Horatio Hornblower (1951) como Lady Barbara Wellesley
- Along the Great Divide (1951) como Ann Keith
- Painting the Clouds with Sunshine (1951) como Carol
- Starlift (1951) como Virginia Mayo
- She's Working Her Way Through College (1952) como Angela Gardner / 'Hot Garters Gertie'
- The Iron Mistress (1952) como Judalon de Bornay
- She's Back on Broadway (1953) como Catherine Terris
- South Sea Woman (1953) como Ginger Martin
- Devil's Canyon (1953) como Abby Nixon
- King Richard and the Crusaders (1954) como Lady Edith Plantagenet
- The Silver Chalice (1954) como Helene
- Pearl of the South Pacific (1955) como Rita Delaine
- The Proud Ones (1956) como Sally
- Great Day in the Morning (1956) como Ann Merry Alaine
- Congo Crossing (1956) como Louise Whitman
- The Big Land (1957) como Helen Jagger
- The Story of Mankind (1957) como Cleopatra
- The Tall Stranger (1957) como Ellen
- Fort Dobbs (1958) como Celia Gray
- Westbound (1959) como Norma Putnam
- Jet Over the Atlantic (1959) como Jean Gurney
- Revolt of the Mercenaries (1961) como Lady Patrizia, Duchessa di Rivalta
- Young Fury (1964) como Sara McCoy
- Castle of Evil (1966) como Mary Theresa 'Sable' Pulaski
- Fort Utah (1967) como Linda Lee
- Fugitive Lovers (1975) como Liz Trent
- Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood (1976) como Miss Battley
- Haunted (1977) como Michelle
- French Quarter (1978) como Countess Willie Piazza / Ida
- Remington Steele (1984, serie de televisión) como ela mesma
- The Love Boat (1986, serie de televisión) como Virginia
- Evil Spirits (1990) como Janet Wilson
- Midnight Witness (1993) como Kitty
- The Man Next Door (1997) como Lucia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brown, John W. (2008). Missouri Legends: Famous people from the Show-Me State. St Louis: Reedy Press. pp. 168, 169.
- ↑ Sastre, Noelia (19 de novembro de 2005). "Muere Virginia Mayo, uno de los rostros más bellos del cine". El periódico de Aragón (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020.
- ↑ Variety (13 de febreiro de 2018). "Variety (January 1945)". Nova York: Variety Publishing Company – vía Internet Archive.
- ↑ "Virginia Mayo bio". Turner Classic Movies website. 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013.
- ↑ Torres-Dulce, Eduardo (31 de decembro de 2005). "Virginia Mayo" (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Townsend, Rosa (19 de xaneiro de 2005). "Virginia Mayo, leyenda del hollywood de los años cuarenta y cincuenta". El País (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2020.
- ↑ Wilson, Scott (19 de agosto de 2016). Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed. McFarland. ISBN 9781476625997 – vía Google Books.
- ↑ "About Virginia Mayo" (en inglés). Official Mayo website maintained by her estate. 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013.
- ↑ "Fulton J. Sheen: Life is Worth Living". 9 de decembro de 2016.
- ↑ Mayo, Virginia. Virginia Mayo: The Best Years of My Life (2002), pp. 194–95.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virginia Mayo |