Vito (militar romano)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V ![]() |
Morte | século V (>446) ![]() |
Magister militum | |
446 – ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Hispania ![]() |
Ocupación | militar ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século V ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Magister militum ![]() |
Vito foi un militar romano occidental que serviu baixo Valentiniano III. É coñecido por ter dirixido unha campaña contra os suevos en Hispania durante o ano 446.[1]
Nomeamento
[editar | editar a fonte]Foi nomeado magister militum no ano 446 para comandar unha expedición militar a Hispania. Parece que, dende o ano 420, a posición de comes Hispaniarum xa non existía ou que as tropas ao seu cargo eran tan reducidas que foi necesario enviar un continxente ao mando dun magister militum doutras dioceses imperiais para emprender unha campaña deste calibre.[2] Vito foi seleccionado dentro dun contexto de loita entre faccións dentro do goberno de Rávena que derrubara ao seu predecesor no cargo, Merobaudes.
Campaña en Hispania
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Rechila.gif/300px-Rechila.gif)
No ano 446, Vito comandaba un exército formado por godos federados e soldados romanos que se dirixían a Hispania para loitar contra os suevos que ían ampliando o seu poder dentro da diocese.[3] Os motivos da campaña non están moi claros. Por unha banda, pénsase que se trataba dunha operación na que, ademais de loitar contra eles, se pretendía castigar aos terratenentes da Bética e Cartaxinense pola súa colaboración cos bárbaros.[3] Outra versión tende a enmarcalo no contexto dos preparativos de Aecio para reconquistar a provincia de África perdida recentemente ante os vándalos de Xenserico.[4]
Hidacio fixo unha breve descrición da campaña de Vito onde destacou que someteu aos grandes propietarios a fortes impostos para pagar o mantemento das súas tropas.[4] Requila partiu co seu exército desde a súa capital en Lusitania e conseguiu derrotar aos godos federados nun lugar indeterminado.[4] Ante esta situación, Vito decidiu fuxir co resto das súas tropas mentres os suevos procedían ao saqueo das dúas provincias hispanas como castigo á poboación pola súa colaboración co exército romano.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fuentes Hinojo, Pablo (2002). La Península Ibérica y el Mediterráneo en el tránsito del mundo antiguo al medieval (Tesis doctoral) (en castelán). Universidad Complutense de Madrid. ISBN 9788484660460.
- Kulikowski, Michael (2011). Late Roman Spain and Its Cities (en inglés). JHU Press. ISBN 9780801899492.
- Martindale, John Robert (1980). The Prosopography of the Later Roman Empire, Vol. 2, AD 395-527 [Prosopografía do Imperio romano tardío] (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521201599.