Saltar ao contido

Vivadixiesubmarinetransmissionplot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vivadixiesubmarine
transmissionplot
Álbum de Sparklehorse
Publicadoagosto de 1995
Estudio(s)Sound of Music Recording Studios
Duración47:30
Xénero(s)indie rock, country alternativo
Selo(s)Capitol Records
ProdutorMark Linkous, David Charles
Cronoloxía
- Vivadixiesubmarine
transmissionplot
Good Morning Spider
(1998)
Na rede
Discogs: 26405 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vivadixiesubmarinetransmissionplot é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Sparklehorse, publicado en agosto de 1995 a través do selo Capitol Records.

O álbum foi gravado en gran parte por músicos de Cracker, para os cales traballaba Mark Linkous como técnico de guitarras, roadie e colaborador. A meirande parte do traballo foi gravado e producido por David Lowery de Cracker, que usou o pseudónimo de David Charles.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

A historia de Vivadixiesubmarinetransmissionplot comezou a finais dos anos 80, cando Mark Linkous, o guitarrista e vocalista dunha banda dos Ánxeles chamada The Dancing Hoods mudouse a Richmond, Virxinia, nun intento de rehabilitarse da súa adición ás drogas e comezar de novo.[1] Nese tempo Linkous case renunciara á súa carreira como músico: "Estaba farto da escena musical. Era demasiado desagradable [nos Ánxeles]. Era o culmen do glam rock. Supoñíase que bandas como Poison eran importantes".[2]

Tras chegar a Richmond, Linkous comezou a tocar co seu irmán Matt, que vivía na cidade,[1] e outros músicos locais, incluído un grupo irlandés tradicional. Sentiuse atraído polos sons puros da música do pasado e inspirouse o suficiente pola súa honestidade como para comezar a reinventar a súa forma de compoñer. Como lle dixo a Rolling Stone en 1999, "Ese período trataba de abandonar moitas cousas e sinxelamente comezar dende cero e aprender novamente como compoñer".[3]

A paixón de Linkous por facer música avivouse tamén ao escoitar a música de Tom Waits; dixo que os álbums de WaitsSwordfishtrombones, Rain Dogs e Bone Machine foran a "folla de ruta" para Vivadixie. Nunha entrevista en 2006 incluso destacou unha gravación de Waits cantando o tema de Gavin Bryars "Jesus' Blood Never Failed Me Yet" como a única canción que "me salvou cando deixei de facer música".[4]

No seu local de ensaio en Richmond, situado dentro dun vello club de música chamado The Mosque, Linkous coñeceu ao antigo líder de Camper Van Beethoven David Lowery. Ao igual que Linkous, Lowery mudárase recentemente a Richmond. Lowery estaba formando unha ova banda chamada Cracker e abrindo o seu estudio Sound of Music, onde posteriormente se gravaría Vivadixie.[1]

O pouco común título do álbum procede dun soño que tivo Linkous "sobre o xeneral Lee nun basto submarino na Guerra Civil, e podía escoitar a unha vella banda tocando dentro, todo distorsionado pola auga".

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Mark Linkous

N.º Título Duración
1. "Homecoming Queen"   3:36
2. "Weird Sisters"   5:00
3. "850 Double Pumper Holley"   0:36
4. "Rainmaker"   3:47
5. "Spirit Ditch"   3:24
6. "Tears on Fresh Fruit"   2:08
7. "Saturday"   2:27
8. "Cow"   7:05
9. "Little Bastard Choo Choo"   0:47
10. "Hammering the Cramps"   2:49
11. "Most Beautiful Widow in Town"   3:19
12. "Heart of Darkness"   1:52
13. "Ballad of a Cold Lost Marble"   0:45
14. "Someday I Will Treat You Good"   3:42
15. "Sad & Beautiful World"   3:33
16. "Gasoline Horseys"   2:40
Cancións extra no vinilo
N.º Título Duración
17. "Waiting for Nothing"   2:28
18. "Happy Place"   2:17
  1. 1,0 1,1 1,2 Foster, Richard. "Band of Brothers". Style Weekly (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 2020-11-14. 
  2. Laurence, Alexander (2010-03-06). "Sparklehorse 2002 interview (Mark Linkous RIP)". The Portable-Infinite. Consultado o 2020-11-14. 
  3. Perry, Jonathan; Perry, Jonathan (1999-02-11). "Sparklehorse Revel in Life After Death". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-11-14. 
  4. "Homecoming King: An Interview with Mark Linkous". web.archive.org. 2016-03-04. Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 2020-11-14.