Vivien Thomas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Vivien Theodore Thomas 29 de agosto de 1910 Lake Providence, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 26 de novembro de 1985 (75 anos) |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Martin Luther King Jr. Magnet School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Cirurgia cardiovascular (pt) e blue baby syndrome (en) |
Ocupación | médico, cardiac surgeon (en) |
Empregador | Universidade Johns Hopkins |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | African Americans in Science (en) African American Leaders of Maryland: A Portrait Gallery (en) |
Vivien Theodore Thomas, nado en New Iberia o 29 de agosto de 1910 e finado o 26 de novembro de 1985, foi un asistente cirúrxico americano coñecido por desenvolver os procedementos para o tratamento da síndrome do bebé azul.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thomas era fillo dun carpinteiro que se fixera un nome na súa localidade natal e en Nashville, onde se mudara a familia en 1912 e conseguiría unha situación económica desafogada. Tras rematar o instituto comezou a preparar os estudos de medicina pero a perda dos seus aforros pola crise de 1929 impediulle seguir esta a súa vocación pero atopou traballo en xaneiro de 1930[1] no laboratorio de experimentación animal da Universidade Vanderbilt baixo a dirección de Alfred Blalock, realizando operacións con animais e converténdose no seu axudante.
Pasou con el en 1941 ao laboratorio da Universidade Johns Hopkins ao ser seleccionado como xefe de cirurxía desa universidade. Xunto con Blalock e a cardióloga pediátrica Helen Taussig formou un equipo que desenvolveu o procedemento para corrixir a síndrome do bebé azul, un defecto conxénito do corazón. A primeira operación realizouse o 29 de novembro de 1944, a unha nena de 14 anos e foi un éxito, os consellos feitos por Thomas tirados das máis de 300 operacións, con técnicas pioneiras e anovadoras,[2] que realizara en cans foron decisivos no éxito da operación.[3] Tamén adestrou cirurxiáns ben coñecidos mundialmente como Denton Cooley, mais por prexuízos raciais non se recoñeceu o seu traballo,[4] e a técnica deuse a coñecer como shunt Blalock-Taussig.
Thomas continuou a traballar no laboratorio da universidade. En 1976 recibiu un doutoramento honorífico en dereito da Universidade Johns Hopkins, xa que por cuestións burocráticas non llo puideron dar en medicina, e foi recoñecido oficialmente como instrutor de cirurxía da facultade de medicina. A súa autobiografía Partners of the heart: Vivien Thomas and his work with Alfred Blalock publicouse poucos días despois do seu pasamento. No ano 2004 a canle HBO realizou o telefilme baseado na súa vida Something the Lord Made.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Medical Archives of The Johns Hopkins". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2012.
- ↑ Damon M. Kennedy In Search of Vivien Thomas Tex Heart Inst J. 2005; 32(4): 477–478
- ↑ "Vivien Thomas, The Balmore Sun, 8 de febreiro de 2007". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2012.
- ↑ "The Vivien Thomas Fund". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2012.