Helen B. Taussig
Helen Brooke Taussig, nada en Cambridge (Massachusetts) o 24 de maio de 1898 e finada en Kennett Square (Pensilvania) o 20 de maio de 1986, foi unha cardióloga estadounidense, que traballou en Baltimore e Boston e fundou o campo da cardioloxía pediátrica. É recoñecida co desenvolvemento do concepto do procedemento que prolongou a vida dos nenos nados con tetraloxía de Fallot (causa máis común da síndrome do bebé azul). Este concepto aplicouse como un procedemento coñecido como shunt de Blalock-Thomas-Taussig. O procedemento foi desenvolvido por Alfred Blalock e Vivien Thomas, colegas de Taussig no Hospital Johns Hopkins.
Taussig era parcialmente xorda debido a unha infección de ouvido na infancia; a principio da súa idade adulta progresou ata a xordeira completa.[1] Para compensar a súa falta de ouvido, aprendeu técnicas de lectura de beizos e de axuda á audición para falar cos seus pacientes. Taussing tamén desenvolveu un método para empregar os seus dedos en lugar dun estetoscopio para sentir o ritmo dos latexos do corazón.[2][3] Algunhas das súas innovacións atribúense á súa habilidade para diagnosticar problemas cardíacos co tacto en lugar de polo son.[2]
Taussig tamén é coñecida polo seu traballo pola prohibición da talidomida e foi amplamente coñecida como médico. Foi a primeira muller directora da American Heart Association, e en 1964 recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.[4]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]No filme de HBO de 2004 Something the Lord Made sobre a vida de Vivien Thomas, a doutora Taussig foi interpretada por Mary Stuart Masterson.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Van Robays, J (2016). "Helen B. Taussig (1898-1986)". Facts, Views & Vision in ObGyn 8 (3): 183–187. ISSN 2032-0418. PMC 5172576. PMID 28003874.
- ↑ 2,0 2,1 "Changing the Face of Medicine: Dr. Helen Brooke Taussig". National Library of Medicine. Consultado o 5 de outubro de 2013.
- ↑ "Helen Brooke Taussig | American physician". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-02-25.
- ↑ Swaby, Rachel. (2015). Headstrong : 52 Women Who Changed Science - and the World. Broadway Books (A Division of Bantam Doubleday Dell Publishing Group Inc). pp. 20–21. ISBN 978-0-553-44679-1. OCLC 903952884.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baldwin, Joyce (1992). To heal the heart of a child : Helen Taussig, M.D. Nova York: Walker. ISBN 9780802781673.
- Yount, Lisa (2012). Alfred Blalock, Helen Taussig, and Vivien Thomas mending children's hearts. Nova York: Chelsea House. ISBN 9781438137025.
- Reynolds, Moira Davison (2004). American women scientists : 23 inspiring biographies, 1900-2000. Jefferson, N.C.: McFarland. ISBN 9780786421619.