Vivint Smart Home Arena
Vivint Smart Home Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°46′06″N 111°54′04″O / 40.768333, -111.901111 |
Localización | Salt Lake City, Estados Unidos |
Nomes antigos | Delta Center (1991–06) EnergySolutions Arena (2006–15) |
Construción | |
Construción | 22 de maio de 1990 |
Inauguración | 4 de outubro de 1991 |
Arquitecto | FFKR Architecture |
Enxeñeiro | Ralph L. Wadsworth Engineering |
Custo | $93 millóns |
Estadio | |
Capacidade | 19.911 |
Propietario | Larry Miller Sports & Entertainment |
Operadora | Larry Miller Sports & Entertainment |
Localía | Utah Jazz (NBA) |
Web | https://www.deltacenter.com/ |
Eventos | |
Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 All-Star da NBA 1993 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Vivint Smart Home Arena, antes coñecido como Delta Center (1991–2006) e EnergySolutions Arena (2006–2015), é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Salt Lake City (Utah, Estados Unidos). Actualmente, é sede do equipo de baloncesto da National Basketball Association (NBA) Utah Jazz. Ten capacidade para 19.911 espectadores para partidos de baloncesto, a cal pode variar para outro tipo de actividades ou espectáculos, como o hóckey sobre xeo (14.000) ou concertos (20.000). Foi unha das sedes dos Xogos Olímpicos de Inverno de Salt Lake City 2002, acollendo as probas de patinaxe artística sobre xeo e patinaxe de velocidade sobre pista curta. Durante as Olimpíadas o pavillón foi coñecido como Salt Lake Ice Center.
Historia
[editar | editar a fonte]O pavillón foi pensado para acoller 20.000 espectadores nos partidos dos Utah Jazz da NBA e dos Salt Lake Golden Eagles, un equipo das ligas menores de hóckey sobre xeo, substituíndo ao xa demolido Salt Palace, que contaba con 12.616 localidades. O financiamento correu a cargo do empresario de Utah Larry H. Miller, comezando as obras o 22 de maio de 1990 e sendo inaugurado o 4 de outubro de 1991. O custo total ascendeu a 93 millóns de dólares.
O primeiro partido que se disputou nel foi o disputado entre os Golden Eagles e os Peoria Rivermen, o 16 de outubro de 1991, mentres que o primeiro partido de baloncesto foi un de pretemporada entre os Jazz e os New York Knicks, con vitoria destes últimos por 101-95. Nel foron celebrados diversos eventos de importancia, como os torneos de baloncesto masculino da Western Athletic Conference entre 1993 e 1995, o All-Star Game de 1993, o campionato dos Estados Unidos de Patinaxe artística sobre xeo en 1999, así como diversas probas dos Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002. En agosto de 1999 o teito da instalación viuse seriamente danado por un tornado, custando a súa reparación case 4 millóns de dólares. Vivint comprou os dereitos do nome do pavillón en outubro de 2015, substituíndo a EnergySolutions.