Volta a Cataluña 2018
Tipo | Volta a Cataluña |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI WorldTour 2018 |
Distancia do evento | 1.136,6 km |
Lugar de saída | Calella |
Liña de meta | Barcelona |
Número de participantes | 175, inicio 113, final |
Participantes | |
Burgos BH 2018, Euskadi Basque Country-Murias 2018, Caja Rural-Seguros RGA 2018, Cofidis 2018, Fortuneo-Samsic 2018, 2018 Manzana Postobón (en) , Israel Cycling Academy 2018, Lotto-Soudal 2018, Mitchelton-Scott 2018, Trek-Segafredo 2018, Lotto NL-Jumbo 2018, AG2R La Mondiale 2018, Groupama-FDJ 2018, Bahrain-Merida 2018, UAE Emirates 2018, Sunweb 2018, Quick-Step Floors 2018, EF Education First-Drapac 2018, Bora-Hansgrohe 2018, Astana 2018, Katusha-Alpecin 2018, Dimension Data 2018, Sky 2018, BMC Racing 2018 e Movistar 2018 | |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | 19 de marzo de 2018 – 25 de marzo de 2018 |
Número de edición | 98 |
Competición | |
Primeiro posto | Alejandro Valverde Nairo Quintana Pierre-Roger Latour Lluís Mas Movistar 2018 |
A 98ª edición da Volta a Cataluña disputouse en Cataluña entre os días 19 e 25 de marzo de 2018. Foi a novena proba do UCI WorldTour 2018. Como vén sendo habitual nos últimos anos, tivo comezo na vila de Calella e acabou no clásico circuíto que se realiza en Montjuïc, Barcelona.
A rolda catalá venceuna por terceira vez na súa carreira deportiva e segunda de maneira consecutiva o murciano do Movistar Team, Alejandro Valverde[1]. Ademais, o exitoso ciclista español tamén volveu vencer na clasificación da montaña, ademais de 2 etapas. Detrás del na clasificación remataron o seu compañeiro de equipo colombiano Nairo Quintana e o francés Pierre Latour que tamén se levou a clasificación dos xoves.
No resto de clasificacións complementarias, o balear Lluís Mas levou as metas volantes e o Movistar Team a dos equipos. Marc Soler foi o mellor dos catalás.
Equipos
[editar | editar a fonte]Esta proba iniciárona 25 conxuntos procedentes dos 5 continentes con 7 corredores cada un: os 18 do UCI WorldTour (de participación obrigada), máis 7 convidados de categoría Profesional Continental.
Tiradas
[editar | editar a fonte]Etapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
---|---|---|---|---|---|
1.ª | 19 de marzo | Calella - Calella | 152,3 | Álvaro Hodeg | Álvaro Hodeg |
2.ª | 20 de marzo | Mataró - Valls | 175,6 | Alejandro Valverde | Alejandro Valverde |
3.ª | 21 de marzo | Sant Cugat del Vallès - Camprodon | 153,2 | Thomas De Gendt | Thomas De Gendt |
4.ª | 22 de marzo | Llanars - La Molina | 170,9 | Alejandro Valverde | Alejandro Valverde |
5.ª | 23 de marzo | Llívia - Vielha e Mijaran | 212,9 | Jarlinson Pantano | Alejandro Valverde |
6.ª | 24 de marzo | La Pobla de Segur - Torrefarrera | 117 | Maximilian Schachmann | Alejandro Valverde |
7.ª | 25 de marzo | Barcelona - Barcelona | 154,8 | Simon Yates | Alejandro Valverde |
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa os dez mellores clasificados da xeral á fin da carreira:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Alejandro Valverde | Movistar Team | 28h 25'07" | |
2 | Nairo Quintana | Movistar Team | + 29" |
3 | Pierre Latour | AG2R La Mondiale | + 47" |
4 | Simon Yates | Mitchelton-Scott | + 47" |
5 | Marc Soler | Movistar Team | + 1' 10" |
6 | George Bennett | Team LottoNL-Jumbo | + 1' 23" |
7 | Daniel Martínez Poveda | EF Education Fist-Drapac | + 1' 29" |
8 | Steven Kruijswijk | Team LottoNL-Jumbo | + 1' 31" |
9 | Jesper Hansen | Astana | + 1' 31" |
10 | Thibaut Pinot | Groupama-FDJ | + 1' 34" |
Outras clasificacións
[editar | editar a fonte]Clasificación da montaña
[editar | editar a fonte]Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Alejandro Valverde | Movistar | 46 | |
2 | Jordi Simón | Burgos BH | 34 |
3 | Marc Soler | Movistar | 22 |
Clasificación das metas voantes
[editar | editar a fonte]Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Lluís Mas | Caja Rural | 13 | |
2 | Alejandro Valverde | Movistar | 8 |
3 | José Joaquín Rojas | LMovistar | 5 |
Clasificación dos xoves
[editar | editar a fonte]Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Pierre Latour | AG2R | 28h 25' 54" | |
2 | Marc Soler | Movistar | + 23" |
3 | Daniel Felipe Martínez | EF | + 42" |
Clasificación por equipos
[editar | editar a fonte]Pos. | Equipo | Tempo |
---|---|---|
Movistar | 85h 17' 39" | |
2 | AG2R | + 5' 02" |
3 | FDJ | + 5' 27" |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ciclo21 (25 de marzo de 2018). "7ª Volta Catalunya: Triple de Valverde y desgracia de Bernal". Consultado o 2/4/2018.