Saltar ao contido

París-Niza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaParís-Niza
Editar o valor en Wikidata
Tipocarreira por etapas Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAmaury Sport Organisation Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1933 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadamarzoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Cancelo#ParisNice Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialparis-nice.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: parisnicecourse Twitter: ParisNice Instagram: parisnicecourse Editar o valor en Wikidata

París-Niza (en francés Paris-Nice) é unha carreira ciclista francesa por etapas creada en 1933 por Albert Lejeune, director do xornal Le Petit Niçois. É coñecida como a Carreira do Sol pola mellora meteorolóxica que adoita acompañalo tránsito da carreira do norte ao sur de Francia.

Por mor da segunda guerra mundial, a París-Niza desaparece trala edición de 1939. En maio de 1946 vólvese a celebrar, pero non ten continuidade os anos seguintes.

En 1951, o xornalista Jean Leulliot recupera a carreira, que dende entón se disputa ininterrompidamente cada mes de marzo. Entre 1951 e 1953 toma o nome de « Paris-Côte-d'Azur ». En 1954 retoma o nome orixinal de « París-Niza », que só se modifica en 1959 cando se disputa como París-Niza-Roma. Esta foi a edición máis longa da historia da carreira, con 1955 km percorridos en 11 etapas.

Dende 1982 ata 1999, Josette Leulliot, filla de Jean Leulliot, asume a dirección da carreira, que é traspasada a Laurent Fignon en 2000 e 2001. Dende 2002, a carreira de París-Niza é propiedade da sociedade A.S.O., organizadora do Tour de Francia e o París-Dakar entre outros eventos deportivos.

Dende a súa creación, a París-Niza foi unha das probas máis importantes do calendario, e por iso, entre os seus gañadores se atopa un gran número de ciclistas ilustres, entre os que destacan Sean Kelly (vencedor de sete edicións consecutivas de 1982 a 1988), Jacques Anquetil, Fred De Bruyne, Eddy Merckx, Raymond Poulidor, Joop Zoetemelk, Miguel Indurain, Tony Rominger, Laurent Jalabert ou Alberto Contador.

A pesar do seu nome, a carreira non sempre comeza en París senón en cidades próximas ou do sur da capital francesa. Dende 1998, a última etapa finaliza no paseo da Promenade des Anglais de Niza. Con anterioridade, dende 1973 ata 1995, a carreira terminaba nunha cronoescalada ao Col d'Eze. Como transición, as edicións de 1996 e 1997 finalizaron cun sector contra o reloxo entre Antibes e Niza. A derradeira ou penúltima etapa acostuma ter un longo percorrido de montaña pasando polo alto da Turbie e a Col d'Eze. Outro fin de etapa habitual é o Mont Faron, nas proximidades de Toulon.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Alexander Vinokourov, gañador nos anos 2002 e 2003.
Thomas Voeckler, gañador da cuarta etapa da edición do 2011.
Percorrido da París-Niza 2015.
Ano Gañador Segundo Terceiro
1933 Bélxica Alphonse Schepers Bélxica Louis Hardiquest Francia Benoît Faure
1934 Bélxica Gaston Rebry Francia Roger Lapébie Francia Maurice Archambaud
1935 Francia René Vietto Bélxica Antoine Dignef Francia Raoul Lesueur
1936 Francia Maurice Archambaud Francia Jean Fontenay Bélxica Alfons Deloor
1937 Francia Roger Lapébie Francia Sylvain Marcaillou Países Baixos Albert van Schendel
1938 Bélxica Jules Lowie Bélxica Albertin Disseaux Países Baixos Albert van Schendel
1939 Francia Maurice Archambaud Bélxica Frans Bonduel Bélxica Gérard Desmet
Edicións suspendidas pola Segunda Guerra Mundial (1940-1945)
1946 Italia Fermo Camellini Francia Maurice De Muer Bélxica Frans Bonduel
Edicións suspendidas (1947-1950)
1951 Bélxica Roger Decock Francia Lucien Teisseire Francia Kléber Piot
1952 Francia Louison Bobet Italia Donato Zampini Bélxica Raymond Impanis
1953 Francia Jean-Pierre Munch Francia Roger Walkowiak Francia Roger Bertaz
1954 Bélxica Raymond Impanis Francia Nello Lauredi Francia Francis Anastasi
1955 Francia Jean Bobet Francia Pierre Molinéris Francia Bernard Gauthier
1956 Bélxica Alfred De Bruyne Francia Pierre Barbotin Francia François Mahé
1957 Francia Jacques Anquetil Bélxica Désiré Keteleer Bélxica Jean Brankart
1958 Bélxica Alfred De Bruyne Italia Pasquale Fornara Bélxica Germain Derijcke
1959 Francia Jean Graczyk Francia Gérard Saint Italia Pierino Baffi
1960 Bélxica Raymond Impanis Francia François Mahé Francia Robert Cazala
1961 Francia Jacques Anquetil Francia Joseph Groussard Bélxica Joseph Planckaert
1962 Bélxica Joseph Planckaert Tom Simpson Alemaña Rolf Wolfshohl
1963 Francia Jacques Anquetil Alemaña Rudi Altig Bélxica Rik Van Looy
1964 Países Baixos Jan Janssen Francia Jean-Claude Annaert Francia Jean Forestier
1965 Francia Jacques Anquetil Alemaña Rudi Altig Italia Italo Zilioli
1966 Francia Jacques Anquetil Francia Raymond Poulidor Italia Vittorio Adorni
1967 Tom Simpson Francia Bernard Guyot Alemaña Rolf Wolfshohl
1968 Alemaña Rolf Wolfshohl Bélxica Ferdinand Bracke Francia Jean-Louis Bodin
1969 Bélxica Eddy Merckx Francia Raymond Poulidor Francia Jacques Anquetil
1970 Bélxica Eddy Merckx España Luis Ocaña Países Baixos Jan Janssen
1971 Bélxica Eddy Merckx Gösta Pettersson España Luis Ocaña
1972 Francia Raymond Poulidor Bélxica Eddy Merckx España Luis Ocaña
1973 Francia Raymond Poulidor Países Baixos Joop Zoetemelk Bélxica Eddy Merckx
1974 Países Baixos Joop Zoetemelk Francia Alain Santy Bélxica Eddy Merckx
1975 Países Baixos Joop Zoetemelk Bélxica Eddy Merckx Países Baixos Gerrie Knetemann
1976 Francia Michel Laurent Países Baixos Hennie Kuiper España Luis Ocaña
1977 Bélxica Freddy Maertens Países Baixos Gerrie Knetemann Bélxica Jean-Luc Vandenbroucke
1978 Países Baixos Gerrie Knetemann Francia Bernard Hinault Países Baixos Joop Zoetemelk
1979 Países Baixos Joop Zoetemelk Sven-Åke Nilsson Países Baixos Gerrie Knetemann
1980 Francia Gilbert Duclos-Lassalle Suíza Stefan Mutter Países Baixos Gerrie Knetemann
1981 Stephen Roche Países Baixos Adrie van der Poel Bélxica Fons De Wolf
1982 Sean Kelly Francia Gilbert Duclos-Lassalle Bélxica Jean-Luc Vandenbroucke
1983 Sean Kelly Suíza Jean-Marie Grezet Países Baixos Steven Rooks
1984 Sean Kelly Stephen Roche Francia Bernard Hinault
1985 Sean Kelly Stephen Roche Francia Frédéric Vichot
1986 Sean Kelly Suíza Urs Zimmermann Greg LeMond
1987 Sean Kelly Francia Jean-François Bernard Francia Laurent Fignon
1988 Sean Kelly Francia Ronan Pensec España Julián Gorospe
1989 España Miguel Indurain Stephen Roche Francia Marc Madiot
1990 España Miguel Indurain Stephen Roche Francia Luc Leblanc
1991 Suíza Tony Rominger Francia Laurent Jalabert Francia Martial Gayant
1992 Francia Jean-François Bernard Suíza Tony Rominger España Miguel Indurain
1993 Suíza Alex Zülle Francia Laurent Bezault Francia Pascal Lance
1994 Suíza Tony Rominger España Jesús Montoya Viatcheslav Ekimov
1995 Francia Laurent Jalabert Vladislav Bobrik Suíza Alex Zülle
1996 Francia Laurent Jalabert Lance Armstrong Chris Boardman
1997 Francia Laurent Jalabert Suíza Laurent Dufaux España Santiago Blanco
1998 Bélxica Frank Vandenbroucke Francia Laurent Jalabert España Marcelino García
1999 Países Baixos Michael Boogerd Suíza Markus Zberg Santiago Botero
2000 Alemaña Andreas Klöden Francia Laurent Brochard España Francisco Mancebo
2001 Italia Dario Frigo Lituania Raimondas Rumsas Bélxica Peter Van Petegem
2002 Alexander Vinokourov Francia Sandy Casar Francia Laurent Jalabert
2003 Alexander Vinokourov España Mikel Zarrabeitia Italia Davide Rebellin
2004 Alemaña Jörg Jaksche Italia Davide Rebellin Bobby Julich
2005 Bobby Julich España Alejandro Valverde España Constantino Zaballa
2006 Floyd Landis España Patxi Vila España Antonio Colom
2007 España Alberto Contador Italia Davide Rebellin España Luis León Sánchez
2008 Italia Davide Rebellin Italia Rinaldo Nocentini Ucraína Yaroslav Popovych
2009 España Luis León Sánchez Luxemburgo Fränk Schleck Francia Sylvain Chavanel
2010 España Alberto Contador España Luis León Sánchez República Checa Roman Kreuziger
2011 Alemaña Tony Martin Alemaña Andreas Klöden Bradley Wiggins
2012 Bradley Wiggins Países Baixos Lieuwe Westra España Alejandro Valverde
2013 Australia Richie Porte Andrew Talansky Francia Jean-Christophe Péraud
2014 Carlos Betancur Portugal Rui Costa Francia Arthur Vichot
2015 Australia Richie Porte Polonia Michał Kwiatkowski Eslovenia Simon Špilak
2016 Geraint Thomas España Alberto Contador Australia Richie Porte
2017 Sergio Henao España Alberto Contador Dan Martin
2018 España Marc Soler Simon Yates España Gorka Izagirre
2019 Egan Bernal Nairo Quintana Polonia Michal Kwiatkowski
2020 Alemaña Maximilian Schachmann Bélxica Tiesj Benoot Sergio Higuita
2021 Alemaña Maximilian Schachmann Aleksandr Vlasov España Ion Izagirre
2022 Eslovenia Primoz Roglic Simon Yates Daniel Martínez

Palmarés por equipos

[editar | editar a fonte]
País Vitorias
Francia 21
Bélxica Bélxica 14
Irlanda Irlanda 8
Países Baixos Países Baixos 6
España España
Alemaña Alemaña
Italia Italia 3
Suíza Suíza
Reino Unido Reino Unido
Colombia
Casaquistán 2
Estados Unidos de América Estados Unidos
Australia Australia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]