Voo 189 de Air Canada
Voo 189 de Air Canada | |
---|---|
![]() O avión do accidente en 1969
| |
Resumo | |
Data | 26 de xuño de 1978 |
Causa | fallo mecánico e erro do piloto |
Lugar | Toronto |
Coordenadas | |
Orixe | Toronto-Pearson |
Destino | aeroporto de Winnipeg |
Finados | 2 |
Feridos | 105 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | McDonnell Douglas DC-9-32 |
Operador | Air Canada |
Rexistro | CF-TLV |
Pasaxeiros | 102 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 105 |
O voo 189 de Air Canada era un servizo entre Otava e Vancouver con escalas en Toronto e Winnipeg. O día 26 de xuño de 1978 o McDonnell Douglas DC-9-32 que operaba a ruta esnafrouse ao engalar de Toronto matando a dous pasaxeiros.
Accidente
[editar | editar a fonte]Durante a engalaxe, ás 8:15 a.m., un dos pneumáticos do McDonnell Douglas DC-9-32 rebentou e desintegrouse parcialmente, disparando anacos de caucho ao mecanismo do tren de aterraxe.[1] Isto activou unha advertencia de "tren de aterraxe non segura", levando ao piloto a abortar a engalaxe.[2] Porén, o avión xa percorrera dous terzos da lonxitude da pista 23L e ía a unha velocidade de 154 nós (285 km/h).[3] Non foi capaz de parar antes do final da pista e afundíuse no bordo dun terraplén a unha velocidade de 60 nós (110 km/h), acabando finalmente no barranco Etobicoke Creek.[4] A aparello rompeuen tres partes, pero a pesar de estar cargado de combustible non se incendiou.[3] O accidente foi visible dende a autoestrada Highway 401, que vai polo lado sur do aeroporto.
O avión quedou esnaquizado e dous pasaxeiros morreron. Ámbolos dous estaban sentados na parte dianteira que se separou da fuselaxe. Os 105 pasaxeiros e tripulantes restantes resultaron feridos.
Investigación
[editar | editar a fonte]A posterior investigación atopou múltiples causas do accidente. Recomendou un maior escrutinio aos pneumáticos.[2] O piloto, Reginald W. Stewart, atrasouse catro segundos despois de que a luz de advertencia se acendese antes de elixir abortar a engalaxe; unha decisión máis inmediata podería evitar o accidente.[3] Os investigadores tamén criticaron o nivel de adestramento nunha freada de emerxencia.[3] Tamén se cuestionou a presenza do terraplén ao final da pista, pero non se fixo nada.[4] Este fallo de non expandir a zona final da pista púxose en relieve novamente cando o voo 358 de Air France afundíuse no mesmo terraplén 27 anos despois.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palango, Paul (26 de xuño de 1978). "2 killed, 105 hurt in DC-9 crash". The Globe and Mail. Toronto. p. 1
- ↑ 2,0 2,1 Canadian Press (28 de marzo de 1979). "Jet's crash traced to 4-second delay in use of full brakes". The Globe and Mail. Toronto. pp. 1-2
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Graham, Bob (28 de marzo de 1979). "4-second delay cost two lives report finds". The Toronto Star. Toronto. pp. A1-A2
- ↑ 4,0 4,1 Furness, Richard (7 de outubro de 1978). "Extend runway over creek, air crash jury urges". The Globe and Mail. Toronto. pp. 1-2
- ↑ Priest, Lisa (3 de agosto de 2005). "Takeoffs and landings always pose risk of calamity, as history shows". The Globe and Mail. Toronto. p. A11