Voo 202 de Pan Am
Aparencia
Voo 202 de Pan Am | |
---|---|
![]() Boeing 377 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 29 de abril de 1952 |
Causa | separación dun motor |
Lugar | 520 km ao suroeste de Carolina, Maranhão |
Coordenadas | |
Finados | 50 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 377 Stratocruiser |
Operador | Pan Am |
Rexistro | N1039V |
Pasaxeiros | 41 |
Tripulación | 9 |
Superviventes | 0 |
O Voo 202 de Pan Am foi un Boeing 377 Stratocruiser que se esnafrou na bacía do río Amazonas a uns 520 km ao suroeste de Carolina, Brasil o 29 de abril de 1952.[1] O accidente ocorreu na ruta dende Río de Xaneiro ata Porto España, durante a terceira parte da súa viaxe de catro partes.[1] As 50 persoas a bordo morreron no peor accidente dun Boeing 377.[2]
A investigación realizouse en condicións excepcionalmente desfavorables e a causa exacta do accidente non puido concretarse. Porén, sabíase que os motores do Stratocruiser eran temperamentais, e teorizouse sobre que un motor se separou en voo despois dun fallo das hélices.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 377 Stratocruiser 10-26 N1039V Carolina, MA". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 2018-12-22.
- ↑ Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Type index > ASN Aviation Safety Database results". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 2018-12-22.