Saltar ao contido

Voo 2216 de Jeju Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 2216 de Jeju Air
O avión accidentado en 2023
Resumo
Data  29 de decembro de 2024
Causa  baixo investigación
Lugar  aeroporto de Muan
Orixe  aeroporto Suvarnabhumi
Destino  aeroporto de Muan
Finados  179
Feridos  2
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-8AS
Operador  Jeju Air
Rexistro  HL8088
Pasaxeiros  175
Tripulación  6
Superviventes  2

O voo 2216 de Jeju Air era un voo regular internacional de pasaxeiros operado por Jeju Air dende o aeroporto Suvarnabhumi en Bangkok, Tailandia, ata o aeroporto de Muan no condado de Muan, Corea do Sur. Durante a aproximación a Muan o 29 de decembro de 2024, o Boeing 737-800 que operaba o voo aparentemente chocou contra paxaros, emitiu un sinal de mayday, realizou unha manobra de motor e ao aire, e no seu segundo intento de tomar terra non puido despregar o tren de aterraxe, tocou terra coa barriga moi lonxe da área normal de aterraxe. O avión saíuse ao final da pista e chocou contra unha berma que envolvía unha estrutura de cemento que soportaba un conxunto de antenas para o sistema de aterraxe instrumental. A colisión matou aos 175 pasaxeiros e a 4 dos 6 tripulantes a bordo do aparello. Os dous tripulantes de cabina superviventes estaban sentados na parte traseira do avión, que se desprendeu da fuselaxe, e forn rescatados con feridas.[1]

Trátase do accidente con máis vítimas mortais dunha aeroliña surcoreana dende o choque do voo 801 de Korean Air en 1997 en Guam (con 229 mortes), e converteuse no accidente de aviación con máis mortos de territorio de Corea do Sur, superando ao voo 129 de Air China de 2002 que matou a 129 persoas.[2] É o primeiro accidente mortal da aeroliña Jeju Air, que tiña 19 anos no momento do sinistro.[3]

O accidente converteuse no accidente máis mortífero cun Boeing 737 Next Generation involucrado, e no accidente de aviación con máis mortes dende o accidente do voo 610 de Lion Air en 2018 (que tivo 189 vítimas mortais).[4]

Voo 2216 de Jeju Air

O aparello implicado era un Boeing 737-8AS con rexistro HL8088, e estaba equipado con dous motores CFM International CFM56-7B.[5][6] O avión voou por vez primeiro o 19 de agosto de 2009 e foi entregado a Ryanair co rexistro EI-EFR. Ryanair alugou o avión ata 2017, tras o cal foi transferido a Jeju Air polo arrendador, SMBC Aviation Capital.[7][8][9] No último ano, voara 1 389 veces a nivel internacional a máis de 12 países e 747 veces a nivel nacional.[10] Menos dun mes antes do sinistro, Jeju Air reiniciara os servizos regulares internacionais no aeroporto de Muan, tras unha suspensión causada pola pandemia de COVID-19, e o avión accidentado estaba facendo catro voos semanais entre Muan e Bangkok,[11] un servizo que Jeju Air comezara o 8 de decembro.[12]

Nas 48 horas previas ao accidente, o avión realizara 13 voos que incluían paradas en Muan, a illa de Jeju e Incheon , así como Beijing, Bangkok, Kota Kinabalu, Nagasaki e Taipei. Tamén foi utilizado por unha axencia de viaxes con sede en Gwangju para facer viaxes chárter a Bangkok durante a tempada de Nadal.[13] Antes da súa derradeira viaxe, rexistrouse que o mantemento obrigatorio da aeronave antes do voo fixérase en 28 minutos, o tempo mínimo permitido pola regulación do goberno surcoreano.[14] Non se atoparon problemas na comprobación previa de seguridade da aeronave antes do seu voo final, segundo Jeju Air.[15]

  1. "The Aviation Herald". avherald.com. Consultado o 2025-01-03. 
  2. Sang-Hun, Choe; Young, Jin Yu; Zhuang, Yan (2024-12-29). "What to Know About South Korea’s Worst Plane Crash in Decades". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-03. 
  3. Seoul, Kang Jin-kyu with Hieun Shin in. "179 Dead In South Korea's Worst Plane Crash". www.barrons.com (en inglés). Consultado o 2025-01-03. 
  4. Sang-Hun, Choe; Yoon, John; Young, Jin Yu (2024-12-29). "Anger and Agony in South Korea After Plane Crash-Lands, Killing 179". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-03. 
  5. Wert, Jakob (2024-12-29). "Jeju Air flight 7C2216 crashes during landing in Muan, South Korea". International Flight Network (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  6. Maszczynski, Mateusz (2024-12-29). "Breaking: Jeju Air Boeing 737 With 181 People Onboard Crashes at Airport in South Korea, All But Two People Feared Dead". PYOK (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  7. Field, James (2024-12-29). "Jeju Air Boeing 737 Crashes in Muan, South Korea". AviationSource News (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  8. Petchenik, Ian (2024-12-29). "Jeju Air 737 crashes after attempted gear up landing in Muan". Flightradar24 Blog (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  9. Chokshi, Niraj; Davis, River Akira (2024-12-29). "Boeing 737-800, a Precursor to the 737 Max, Is Used Widely.". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-04. 
  10. Kawoosa, Vijdan Mohammad; Huang, Han; Pazos, Rebecca; Scarr, Simon (2024-12-30). "The final moments before the Jeju Air crash in South Korea". Reuters (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  11. Si-jin, Choi Jeong-yoon, Lee (2024-12-29). "179 dead in S. Korea's worst-ever aviation disaster". The Korea Herald (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  12. "Bangkok-Muan Jeju Air route launched less than a month ago". The Korea Times (en inglés). 2024-12-29. Consultado o 2025-01-04. 
  13. Dong-woo, Chang (2024-12-30). "Fallen Jeju Air aircraft operated 13 flights in 48 hours prior to deadly crash". Yonhap News Agency (en inglés). Consultado o 2025-01-04. 
  14. "Jeju Air plane flew relentlessly before tragedy with minimal maintenance". The Korea Times (en inglés). 2024-12-30. Consultado o 2025-01-04. 
  15. "South Korea: Pre-flight checks found no issues, Jeju Air CEO says". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2025-01-04.