Voo 235 de TransAsia Airways
Voo 235 de TransAsia Airways | |
---|---|
![]() O avión un mes antes do accidente
| |
Resumo | |
Data | 4 de febreiro de 2015 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | río Keelung, Taipei |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Taipei Songshan |
Destino | aeroporto de Kinmen |
Finados | 43 |
Feridos | 17 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | ATR 72-600 |
Operador | TransAsia Airways |
Rexistro | B-22816 |
Pasaxeiros | 53 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 15 |
O voo 235 de TransAsia Airways era un servizo doméstico que se esnafrou no río Keelung o día 4 de febreiro de 2015, pouco despois de engalar do aeroporto de Taipei Songshan, a 5,4 km ao oeste de Songshan, en Taiwán. O voo de TransAsia Airways, realizado por un ATR 72-600 con só tres meses de idade, operaba un servizo entre Taipei e Kinmen con 53 pasaxeiros e 5 tripulates a bordo. Houbo 15 superviventes.
Dous minutos despois da engalaxe os pilotos informaron da parada dun motor. O voo 235 trepou ata unha altura máxima de 460 metros (1 510 pés), e entón descendeu. O outro motor, que aínda traballaba, foi apagado por un erro.[1][2] Xusto antes de esnafrarse contra o río, inclinouse de súpeto cara a esquerda e contou a un taxi que ía polo viaduto de Huandong coa súa á esquerda.
O voo 235 foi o segundo accidente con vítimas mortais dun ATR de TransAsia Airways en sete meses: o voo 222 esnafrouse o 23 de xullo de 2014, matando a 48 dos seus 58 ocupantes.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello implicado no accidente era un turbohélice bimotor ATR 72-600 con rexistro B-22816 e número de serie 1141. Voara por vez primeira o 28 de marzo de 2014 e fora entregado a TransAsia Airways o 15 de abril dese ano.[3] O motor Pratt & Whitney Canada PW127M esquerdo fora substituído en agosto de 2014.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jul 02, The Associated Press · Posted:; July 2, 2015 1:54 AM ET | Last Updated:; 2015. "'Wow, pulled back the wrong side throttle,' pilot said seconds before Taiwan crash | CBC News". CBC (en inglés). Consultado o 2019-01-01.
- ↑ "Last words of TransAsia crash pilot were 'Wow, pulled back the wrong side throttle'". The Independent (en inglés). 2015-07-02. Consultado o 2019-01-01.
- ↑ "ATR 42/72 - 1141 - MSN B-22816". www.airfleets.net. Consultado o 2025-01-09.
- ↑ "Aviation Safety Council Aviation Occurrence Report ASC-AOR-16-06-001 TransAsia Airways Flight GE235 ATR72-212A" (PDF). Aviation Safety Council. Consultado o 9 de xaneiro de 2025.